1.5.2 Evolución recente
As cifras amosan unha clara desigualdade entre o primeiro mundo e o terceiro mundo. Segundo as estatísticas, o índice de desenvolvemento aumentou en todo o mundo, mais non é abondo, tendo en conta que tamén as estatísticas din que 72.000 persoas morren ao día de fame.
O ano 1965 creouse no seo das Nacións Unidas o Programa para o desenvolvemento (PNUD), presente en 166 países. A súa función é a de contribuír á mellora da calidade de vida das nacións, promovendo o cambio e a difusión dos coñecementos, a experiencia e os recursos necesarios para axudar aos pobos a conquistar unha vida mellor.
|
|
O progreso humano non é nin automático nin inevitable. O futuro xa está aquí e debemos enfrontar a crúa urxencia do agora. Nesta adiviña constante que implica a vida e a historia, a posibilidade de chegar tarde existe. Podemos rogarlle desesperadamente á vez ao tempo que deteña o seu paso, pero o tempo é xordo ás nosas súplicas e seguirá o seu curso. Sobre montañas de brancas osamentas e desperdicios de múltiples civilizacións obsérvanse as terribles palabras: demasiado tarde? |
|
Martin Luther King Jr.: Que rumbo tomamos agora: o do caos ou o da comunidade? |
Entre os obxectivos do Programa para o desenvolvemento están os seguintes:
-
Gobernabilidade democrática dos países.
-
Redución da pobreza.
-
Prevención e recuperación da crise.
-
Enerxía, medio natural e xestión de refugallos
-
Tecnoloxías da información e da comunicación
-
Prevención e información en relación coa SIDA.
Actividades propostas
S2 Xa dixemos que, para valorar a riqueza dun país e da súa poboación, máis significativo que o Produto Interior Bruto é o PIB per cápita. Observe a táboa e calcúleo para os países marcados. Despois, analice e conteste:
-
Orde
País
PIB 2007
millóns $
Orde
Poboación 2007
PIB per
cápita ($)
1
EEUU
13.843.825
3 301.139.947
45.971'40
2
Xapón
4.383.762
10 127.433.494
34.400'39
3
Alemaña
3.322.147
14 82.400.996
4
China
3.250.827
1 1.321.851.888
40.316'83 7
Italia
2.104.666
23 58.147.733
36.843'15 8
España
1.438.959
29 40.448.191
35.575'36 45
Israel
161.935
102 6.426.679
25.197'30 116
R.D. do Congo
10.144
128 3.800.610
118
Afganistán
8.842
38 31.889.923
277'26 135
Territorios palestinos
4.059
3.945.139
Fondo Monetario Internacional (FMI) e CIA World Factbook Index Mundi
[http://www.indexmundi.com/es]
-
Israel
R.D. do Congo
Alemaña
Territorios palestinos
-
Cales destes países son desenvolvidos? En que continente están situados?
-
Que país é considerado en vías de desenvolvemento. En que continente está situado?
-
Que países dos analizados pertencen ao Terceiro Mundo? En que continente están situados? Todos eles son estados recoñecidos?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
