Saltar navegación

1. Introdución

Descrición da unidade didáctica

A unidade céntrase na análise dalgúns aspectos que definen o mundo actual, caracterizado pola globalización, e como iso afecta as relacións dos individuos e das colectividades humanas. A través dunha metodoloxía activa, baseada na análise de situacións e casos concretos, na simulación, etc., abórdanse aspectos concretos da nosa sociedade: convivir con persoas pertencentes a culturas moi diferentes á nosa, encarar as diferenzas sociais e culturais na vida cotiá, e a valoración do interculturalismo como proxecto ético de convivencia.

Coñecementos previos

  Para facer fronte ao seu contido cumprirá ter dominados os contidos dos seguintes temas:

  • Unidade didáctica 2: Poboación e demografía. Tanto na terminoloxía específica do tema como no dominio da realización e a análise de gráficas ou estatísticas.
  • Unidade didáctica 3: As actividades económicas das sociedades. Só comprendendo as peculiaridades de cada un dos sectores económicos e o seu reparto no mundo será comprensible a problemática a nivel mundial.

  • Unidade didáctica 4: A globalización e a industria da cultura. O novo concepto de mundo como aldea global.

 

 Suxestións para a motivación e o estudo

Entender o multiculturalismo e a interculturalidade é a base para entender o que estamos a facer co mundo actual, e por que o facemos, atendendo a diversos modelos culturais.

Cómpre concienciarse das desigualdades económicas e sociais entre os habitantes do mundo. Tamén se deberán intentar identificar os medios e as iniciativas, tanto individuais como colectivas, para procurar un desenvolvemento humano sustentable. Todos merecemos as mesmas oportunidades, pero só coa participación da colectividade será posible conquistar esta igualdade.

 

Orientacións de temporalización

 Estímase que a esta unidade didáctica haberá que dedicarlle doce sesións ou horas.

  • Dúas sesións para o punto 2.1: Desenvolvemento humano.

  • Dúas sesións para o punto 2.2: Desprazamento da poboación.

  • Dúas sesións para o punto 2.3: Cooperación internacional.

  • Tres sesións para o punto 2.4: Conflitos mundiais.

  • Tres sesións para o punto 2.5: Multiculturalismo e interculturalismo.

  • Unha sesión para o punto 2.6: Etnocentrismo e interculturalismo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0