1.5.1 Indicadores
O desenvolvemento humano, en definitiva, atende a dous aspectos: o desenvolvemento de capacidades humanas (mellorar a saúde, e posuír coñecementos e habelencias) e o uso que as persoas fan desas capacidades (produción e actividades culturais, políticas, económicas, sociais...). O desequilibrio entre as dúas pode xerar frustración.

Mapa do mundo para o IDH dos diferentes Estados, Informe 2007/2008 (PNUD)




Indicadores empregados para analizar eses desequilibrios
-
Produto Interior Bruto (PIB). Indicador económico que resulta do cálculo de todas as actividades económicas realizadas dentro dun país nun período trimestral ou anual. Habitualmente o dato máis interesante é o cálculo do PIB per cápita, é dicir, o reparto do Produto Interior Bruto entre o número total de habitantes do país.
- Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Indicador socioeconómico elaborado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), no que se ten en conta a esperanza de vida ao nacer, a taxa de alfabetización e o Produto Interior Bruto.
-
Consumo de calorías. Os seres vivos precisan enerxía para poder sobrevivir. Os seres humanos aliméntanse para obter combustible e a enerxía precisa para desenvolver as súas funcións vitais. Considérase que unha persoa pode vivir con 2.500 calorías diarias e que na Terra un terzo da poboación non ten unha alimentación suficiente.
-
Liña de Pobreza Humana (LPH). Índice empregado polo Banco Mundial, que se basea no consumo e determina a cantidade de persoas que nun país viven con menos diñeiro do considerado básico para unha vida digna.
Actividades propostas
S1 O IDH exprésase en valores abranguidos entre 0 e 1, segundo a seguinte táboa.
|
Ordene os países de maior a menor IDH. Busque na biblioteca ou en internet e complete a seguinte táboa (datos 2007 Nacións Unidas).
|
Territorio |
Posición |
Continente / Hemisferio |
IDH 2007 |
Grao IDH: alto, medio, baixo |
Sistema político |
Orde |
|
12 |
|
0,951 |
|
|
|
|
8 |
|
0,953 |
|
|
|
|
22 |
|
0,935 |
|
|
|
|
81 |
|
0,777 |
|
|
|
|
20 |
|
0,941 |
|
|
|
|
13 |
|
0,949 |
|
|
|
|
23 |
|
0,932 |
|
|
|
|
168 |
|
0,411 |
|
|
|
|
178 |
|
0.229 |
|
|
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
