Saltar navegación

1.8.2 Identificación dos conflitos tras a II Guerra Mundial

A II Guerra Mundial é considerada, historicamente, como o conflito máis grave de toda a historia da humanidade, pola morte de 55 millóns de persoas, grandes perdas materiais, os cambios territoriais que provocou e os desprazamentos masivos de poboación.

 No ano 1947 iníciase unha nova fase histórica, coñecida como Guerra fría, e que rematou no ano 1991. Estes anos caracterizáronse polo enfrontamento entre as dúas superpotencias (os EEUU e a URSS) e a división do mundo en dous bloques, con sistemas económicos, políticos e sociais contrapostos: o capitalismo fronte ao comunismo

 A reunificación de Alemaña no 1990, os cambios políticos do bloque comunista da Europa do Leste (Perestroika de Mijail Gorbachov) provocaron o afundimento da URSS e a desaparición dos bloques. Os EEUU convertéronse na única superpotencia e o seu peso internacional foi aumentando (triunfo do capitalismo liberal e dunha organización do mundo globalizada). A presenza militar estadounidense naqueles puntos da terra onde consideraban que os seus intereses eran vulnerados foi palpable (Panamá 1991, Kuwait-Iraq 1991, Somalia-Afganistán 1991, Iraq 2003) actuando como árbitro da situación internacional.

 O seu protagonismo crecente foi posto en cuestión polos países emerxentes (a China, India, Brasil, ...), que apostaron por un mundo multipolar no que se teñan en conta as opinións e os intereses de todos os países do mundo. A pobreza no Terceiro Mundo, os enfrontamentos étnicos, os fanatismos relixiosos e a crise económica global dos últimos anos da primeira década do século XXI están a ensombrecer o panorama actual e fan cuestionar á cidadanía o modelo consumista do primeiro mundo.

 Moitos son os conflitos xurdidos a partir da segunda metade do século XX, moitos deles a partir do proceso de descolonización de África e Asia. As causas son variadas e non excluíntes: loita polo poder e reivindicación da independencia; a marxinación territorial; a instrumentalización relixiosa ou o control dos recursos naturais.

Guerras e conflitos actuais

 Guerras e conflitos actuais

 

  • Conflitos internacionais:

    • Guerra do Golfo Pérsico. (1990-1991).

    • Conflito iugoslavo. Prolongouse unha década (1990-2001).

    • Guerra de Afganistán (2001 tras os atentados terroristas nos EEUU).

    • Guerra de Iraq (2003).

 

  • Conflitos locais:

    • África. Na década dos 90 do século XX: Alxeria, Congo, Etiopía, Ruanda, Sudán, ...

    • América. Colombia (1964) e Haití (2004).

    • Israel-Palestina (1948). Pola declaración de independencia do Estado de Israel.

    • India-Pakistán. Desde 1947, cando a independencia das colonias británicas.

    • Chechenia. Separatistas contra a República Rusa (1994-2003).

Actividades propostas

S14 A seguinte táboa indica a evolución dos conflitos armados, por rexións, na última década do século XX (1990-1999). Analícea:

 

Rexión

1990

1995

1999

2008

  • África do Norte e Oriente medio

7

9

4

 

  • África subsahariana.

17

21

16

 

  • América latina

7

5

2

 

  • Asia e Pacífico

21

21

20

 

  • Europa

4

4

5

 

  • TOTAIS

56

60

47

35

 Fonte: Smith 2000

[http://www.revistafuturos.info/futuros_10/conf_al_1.htm]

 

  • Cal é o continente máis castigado polos conflitos armados?

  • Que continentes quedan á marxe dos enfrontamentos violentos?

 

 

S15 Seleccione algún conflito actual, localice información sobre el (en bibliotecas ou en internet) e logo complete a ficha. Vexa primeiro esta páxina web:

[http://www.amnesty.org/es/armedconflict]

 

  • Nome do conflito:

  • Marco xeográfico

 

  • Datas salientables

 

  • Bandos enfrontados

 

  • Causas

 

  • Historia

 

 

 

  • Consecuencias.

 

  • Vítimas (aproximadas)

 

  • Noticia de prensa recente.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0