Saltar navegación

1.6 Desprazamentos da poboación

A poboación mundial está repartida de xeito desigual polas terras emerxidas do planeta, debido a factores físicos (a existencia de auga potable, climas temperados, vales e chairas e recursos enerxéticos) ou factores humanos (históricos, económicos ou políticos).

Máis do 90 % da poboación mundial vive no hemisferio norte, entre os 20º e 60º de latitude, en enclaves próximos a ríos ou zonas costeiras.

Tan antigos como a humanidade son os movementos migratorios, é dicir, desprazamentos de poboación que implican un cambio de residencia. Os primeiros homínidos ían tras os grandes rabaños de animais na procura de alimentos e desde entón o home continuou a desprazarse na procura de melloras.

A persoa que marcha do seu lugar de residencia a outro territorio recibe o nome de emigrante, entanto que os que chegan a un territorio, procedentes de outro, reciben o nome de inmigrantes.

A diferenza entre emigración e inmigración defínese como saldo migratorio, que se considera positivo cando a poboación aumenta e negativo cando diminúe.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0