Saltar navegación

1.6.6 A poboación refuxiada no mundo

 As migracións ou movementos de poboación constitúen un dato clave para comprender as relacións internacionais actuais. Unha parte desta poboación abandona o seu lugar de orixe dun xeito voluntario, pero a maior parte faino obrigada polas circunstancias políticas, económicas, sociais, etc.

 Ocupámonos agora dun colectivo moitas veces esquecido, os refuxiados, termo co que se define:

 

"Alto Comisionado das Nacións Unidas (ACNUR), 1951. Modificado en Protocolo adicional 1967Toda persoa que fuxiu do seu país e ao que non pode regresar debido a temor fundamentado na ameaza de persecución, como consecuencia da súa raza, relixión, nacionalidade, ou por ser membro dun grupo social determinado ou por manter unha opinión política determinada."

 

Alto Comisionado das Nacións Unidas (ACNUR), 1951. Modificado en Protocolo adicional 1967

 

 

 

 

A Convención de 1951 (ACNUR) garante a protección internacional de todos os desarraigados do mundo e promove os dereitos humanos básicos dos refuxiados e a non repatriación contra a súa vontade onde sexan perseguidos.

 

Causas de persecución

No artigo 1-A/(2) da Convención dos refuxiados recoñécense cinco tipos de causas de persecución:

  • Raza: no amplo sentido da palabra, incluíndo grupos étnicos ou socios (con antepasados comúns).

  • Relixión: tanto no referente a grupos que comparten crenzas ou tradicións, como á práctica activa dunha relixión.

  • Nacionalidade: cando se ataca a cidadanía das persoas ou se perseguen grupos étnicos, lingüísticos e culturais dunha poboación.

  • Grupo social determinado: persoas que comparten antecedentes, costumes ou posicións sociais comúns. Aplícase a familias dos capitalistas, terratenentes, homosexuais, empresarios e antigos membros das forzas armadas.

  • Opinións políticas: cando as autoridades non toleran opinións críticas, manifestas ou supostas a un individuo, contra os seus métodos e políticas gobernamentais.

A lei internacional permite a petición de asilo, pero non obriga a ningún estado a concedelo. En ocasións os países ofrecen protección temporal para solucionar unha urxencia de tempo, pero que non obriga ao estado a conceder o asilo definitivo.

Axudas á poboación refuxiada

As axudas á poboación refuxiada van encamiñadas á procura de solucións duradeiras para mellorar a súa calidade de vida:

  • Repatriación voluntaria: cando o refuxiado pode volver ao seu país por desaparecer as circunstancias que ameazaban a súa vida e liberdade.

  • Integración local: cando o goberno do país de acollida lle permite integrarse no país en que solicite asilo por primeira vez.

  • Recolocación (nun terceiro país): solución para casos onde o retorno é inviable e o país receptor se nega ou non pode permitir a integración local.

Os países que expediron más refuxiados nas últimas décadas son: Afganistán, Palestina, Mozambique, Etiopía/Eritrea, Somalia, Liberia, Angola, Cambodia, Iraq, Sri Lanka, Burundi, Ruanda, Sudán, Serra Leoa, Sahara Occidental, Vietnam, Iugoslavia, China/Tíbet, Myanmar e Congo.

O 80 % dos refuxiados son nenos e mulleres, aínda que tamén hai unha elevada porcentaxe de anciáns.

O contorno físico en que viven é pouco acolledor e os seus dereitos á mobilización, ao traballo, ás oportunidades educativas ou recreativas ou non existen ou están moi limitados.

Outro colectivo importante son os desprazados internos, é dicir, as persoas que deberon deixar os seus fogares polas mesmas razóns que os refuxiados, pero non cruzaron ningunha fronteira internacional.

 

 

Actividades propostas

 S8 ACNUR, o Alto Comisionado das Nacións Unidas, distingue distintas categorías dentro do termo refuxiados. Coa axuda dun dicionario defínaos: refuxiado, asilado, retornado, desprazado e apátrida.

S9 Observe a gráfica de datos de ACNUR na que se detalla a evolución da poboación de refuxiados.

Poboación de interese para ACNUR (en millóns). 1997-2006 (finais do ano)

 

  • ACNUR axuda ao total da poboación do mundo que o precisa? A que porcentaxe chega?

  • En que ano disparouse o total da poboación de interese?

  • Que razóns motivarían ese forte crecemento de desarraigados no 2006?

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0