A interculturalidade
1.7 Cooperación internacional
A solidariedade é un valor que nace paralelo ao da xustiza. As grandes desigualdades no mundo non deixan impasibles os cidadáns do chamado primeiro mundo, que manifestan as súas inquedanzas a través da cooperación internacional.
Trátase de calquera axuda voluntaria dun doador, dun país (Estado, goberno local, ...) ou organizacións non gobernamentais a unha poboación beneficiaria. Estas colaboracións pretenden mellorar a saúde, a educación e as condicións ambientais, e reducir progresivamente as desigualdades no ámbito social e económico.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0