1.8.1 A guerra na historia da humanidade
A súa orixe está no enfrontamento organizado de grupos armados que loitan por controlar os recursos naturais ou humanos. Trátase dun proceso constante ao longo da historia, con tácticas, estratexias ou metas das operacións militares, e teñen carácter cíclico.
O estudo da arte ou da literatura é tamén un percorrido polos enfrontamentos bélicos que padeceu a humanidade; sempre é a visión dos vencedores, nunca dos vencidos.
S12 Hai moitos máis sinónimos de guerra que de paz. En que proporción? Subliñe en vermello todos os sinónimos de guerra e en verde os sinónimos de paz.
|
Contenda |
Pelexa |
Avinza |
Hostilidade |
|
Paz |
Batalla |
Loita |
Harmonía |
|
Querela |
Desavinza |
Discordia |
Preito |
|
Conciliación |
Hostilidade |
Liorta |
Combate |
|
Axitación |
Orde |
Enfrontamento |
Concordia |
|
Inimizade |
Disputa |
Campaña |
Conflito |
Coñece algún outro sinónimo ou antónimo distinto dos aquí recollidos?
S13 Goya retratou a ocupación napoleónica de 1808 (reinado de Carlos IV/Fernando VII) nunha serie de 80 gravados baixo o título Os Desastres da Guerra (1863). Busque información (vexa referencias na bibliografía da unidade)
![]() |
![]() |
| Con Razón ou sen ela. Gravado nº 2. | Morreu a Verdade. Gravado nº 79. |
-
Que aspectos da guerra critica Goya nestes Gravados?
-
Serían argumentos válidos para criticar calquera outro conflito armado, de calquera época histórica e de calquera punto xeográfico?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0

