1.6.3 Principais rutas migratorias
As principais rutas migratorias no mundo son as seguintes:
-
De Guatemala aos EEUU. Os mexicanos constitúen o grupo de inmigrantes máis numeroso dos que entran ilegalmente nos EEUU. Entanto que eles procuran unha vida mellor no norte, os campesiños guatemaltecos ocupan os lugares dos mexicanos emigrados. Os cárteles da droga estanse a converter nos controladores desta ruta de tráfico humano, moitas veces empregados como cebo para distraer as autoridades dos cargamentos de estupefacientes. Tradicionalmente as entradas realizábanse polas proximidades de San Diego e de El Paso, pero o valo construído como fronteira xerou unha nova entrada por Tucson (Arizona).
-
Extremo Oriente. Desde Corea do Norte a Corea do Sur, a ruta atravesa Tailandia, China e Laos. Está motivada pola fame e leva á aparición de rutas de explotación sexual feminina.
-
Europa do Leste. Coa súa entrada na UE converteuse na rexión onde maior tráfico humano se produce. As principais rutas viaxan dende Asia Central a Rusia e desde alí a Europa occidental cruzando Ucraína, Eslovaquia e a República Checa. Outras percorren Irán e Turquía, e entran en Europa polos Balcáns. Constitúen as maiores rutas de tráfico de sexo.
-
Da África subsahariana ao sur de Europa. Seguen as rutas dos comerciantes que cruzan o deserto do Sahara ata os oasis do sur de Marrocos, para desde alí dar o grande salto a Europa cruzando o estreito.
Actividades propostas
S6 Coa axuda dun atlas marque sobre o mapa, cunha frecha, as principais rutas migratorias mundiais.

Saldo migratorio. http://es.wikipedia.org/wiki/Saldo_migratorio
http://www.fp-es.org/la-lista-las-principales-rutas-de-inmigracion-ilegal
-
Cite cinco países cun saldo migratorio positivo.
-
Cite cinco países cun saldo migratorio negativo.
-
Trace sobre o planisferio a liña do Ecuador. Que saldo migratorio é máis frecuente nos países ecuatoriais?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
