A interculturalidade
1.5 Desenvolvemento humano desigual
O benestar, ou nivel de desenvolvemento dun país, mídese partindo dalgúns indicadores que falan da calidade de vida dos diferentes lugares da Terra e da súa poboación.
O desenvolvemento humano é un proceso polo que se amplían as posibilidades humanas en tres aspectos fundamentais: unha vida prolongada e saudable, a adquisición de coñecementos e o acceso aos recursos necesarios para lograr un nivel de vida óptimo.
Outros elementos, tamén moi valorados polas persoas, son as liberdades política, económica e social, coa posibilidade de ser creativo e produtivo, respectarse a si mesmo e gozar da garantía dos dereitos humanos.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0