Deep Learning. UX1A recoñece emocións (gal)

Materia: Intelixencia artificial
Descrición: Contido de experimentación no que o alumnado poderá interactuar cunha Intelixencia Artificial real adestrada con Deep Learning para que recoñeza as cinco emocións: alegría, sorpresa, tristura, enfado e medo.
O alumnado poderá empregar tarxetas precargadas no contido ou a súa propia webcam para ensinarlle distintas expresións a UX1A, quen tentará recoñecelas e ofrecerá as porcentaxes de correspondencia que atopa con cada unha das emocións.
O contido está orientado á aprendizaxe de conceptos básicos de Intelixencia Artificial e permite ao alumnado reflexionar sobre o funcionamento e a obxectividade dos axentes intelixentes, ao tempo que profunda na importancia dos datos empregados no adestramento para o recoñecemento de trazos nunha mostra.
Tipo de recursos:
- Experimentación directa cunha IA real.
Número de sesións estimadas: 1.
Aclaracións:
- Este módulo de experimentación é a segunda parte dunha actividade máis ampla que inclúe un primeiro módulo de simulación do adestramento da máquina con distintos conxuntos de datos ("UX1A aprende") e un terceiro módulo de retos para profundar nas reflexións ("Retos: UX1A recoñece emocións").
- Recoméndase introducir os conceptos básicos na aula de forma previa á utilización do contido. En “Intelixencia Artificial: Guía do profesorado” atoparás a teoría necesaria.
- Recoméndase empregar previamente o recurso "UX1A aprende".
- Esta versión do contido está en galego, está dispoñible outro recurso coa versión en castelán.
Outras características:
- Dous modos de experimentación: tarxetas precargadas aleatorias e webcam.
- Experimentación libre que permite facer o número de probas que se precisen ou desexen.
- Resposta do axente intelixente formada por unha conclusión (identificación da emoción) e polo seu proceso de decisión (% de coincidencia con cada emoción)
Contidos relacionados: