Migramos a Portugal
Portugal é un país do suroeste europeo, localizado na Península Ibérica, cunha longa costa atlántica e cuxa capital é Lisboa. Foi un país moi destacado na coñecida era dos descubrimentos, onde tivo colonias como Brasil, Angola, ou Cabo Verde.
Audio
Coñece máis de Portugal!
Localización xeográfica

Portugal está situado no suroeste de Europa, na Península Ibérica. Limita ao leste e ao norte con España, e ao oeste e ao sur co océano Atlántico. Ademais do territorio continental, Portugal inclúe as illas das Azores e Madeira, localizadas no océano Atlántico.
Os descubrimentos

Durante os séculos XV e XVI, Portugal iniciou grandes viaxes marítimas con navegantes como Vasco da Gama ou Magalhães. Chegaron a África, India, Brasil e outras partes do mundo.
Na imaxe podes ver o monumento aos descubrimentos de Lisboa.
A lingua portuguesa

Sabías que a lingua portuguesa ten máis de 250 millóns de falantes por todo o mundo? A consecuencia da era dos descubrimentos é o idioma oficial en 9 países como Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde...
Sabías tamén que ten a mesma orixe que o galego? Ámbolos dous idiomas teñen orixe no galego-portugués medieval e tomaron rumbos distintos coa independencia e formación do reino de Portugal no século XII.
A lenda do galo de Barcelos

Coñeces a lenda do galo de Barcelos? É un dos símbolos máis famosos de Portugal e está relacionado cunha lenda popular que involucra a un galego.
Un peregrino galego foi acusado inxustamente de roubo e na súa defensa dixo, sinalando a un galo asado que estaba no prato do xuíz, “Son tan inocente que ese galo cantará cando me vaian aforcar.” Efectivamente o galo cantou e grazas a iso salvouse.
Xogo ou danza?