Glosario
Cota de pantalla
-
Definición:
-
É a porcentaxe de persoas que están a ver un programa de televisión respecto ao total de televisores acesos nun momento dado.
-
Exemplo:
-
A presentadora quedou moi satisfeita porque a súa conexión tivo unha alta cota de pantalla, con moitos fogares sintonizando galegas polo mundo.
Ensaio
-
Definición:
-
É a representación completa da emisión ou actuación antes da súa estrea.
-
Exemplo:
-
O ensaio da obra permitiunos mellorar a nosa actuación.
Rúbrica
-
Definición:
-
É un instrumento de avaliación que se utiliza para medir o desempeño dos estudantes en tarefas específicas.
-
Exemplo:
-
A rúbrica permítenos avaliar o noso desempeño no reto.
Cando remata unha emisión en directo, ao día seguinte por exemplo, o equipo que a fixo posible reúnese para valorar como foi. Normalmente, adoita interesarlles o share ou cota de pantalla, que é unha medida que estima a porcentaxe de fogares ou espectadores que están a ver un programa de televisión en comparación co total de televisores acesos durante a emisión. Logo, o equipo reflexiona e, ás veces, se é necesario, modifica cousas.