Saltar navegación

Bolivia

Migramos a Bolivia

Imaxe coa bandeira de BoliviaBolivia é un país de América do Sur. A lingua oficial é o español, xunto con varias linguas indíxenas como o quechua, aymara ou guaraní. Destacan paisaxes variadas como a cordilleira andina, a forte presenza indíxena e as súas tradicións ancestrais.

Coñece máis de Bolivia!

Danzas e xogos

Agora que estades en Bolivia, imos ver que danzas e xogos podedes representar na emisión de Galegas polo mundo!

Danza: "La mariposa"

É unha danza tradicional presente en varios países de América Latina, especialmente en México e Bolivia.  É unha danza alegre e melódica que simboliza a delicadeza, transformación e beleza da bolboreta.

Xogo: "Pejichi"

O xogo Pejichi era bastante habitual ata mediados do século XX e practicábase en diversas festividades realizadas tanto en barrios das cidades como nas aldeas.

É unha proba de forza un contra un. Para realizala, os contendentes colócanse en catro apoios, de costas á liña central. Están unidos por unha corda, cuxos extremos levaban ao pescozo cunha lazada. Ao sinal acordado, ambos deben tirar en direccións opostas até que resulte vencedor/a o quen arrastre á persoa rival ata a liña central.

Actualmente a corda engánchase nun arnés facendo así o xogo máis cómodo e seguro.

    A imaxe amosa dúas persoas xogando ao Pejichi



    Lectura facilitada

    A danza de Bolivia proposta chámase La mariposa.

    É unha danza presente en varios países de América latina.

    É unha danza alegre e melódica.

    O xogo de Bolivia proposto chámase Pejichi.

    É unha proba de forza que se realiza un contra un.

    As persoas participantes sitúanse de costas entre si.

    Estarán unidos por unha corda.

    Por seguridade e comodidade, deberedes usar un arnés ou colocar algo que acolche a zona onde se engancha a corda.

    Ao sinal da persoa que arbitre trataredes de desprazar á persoa rival.

    Gaña a persoa que consiga arrastrar a outra até a liña central.

    Practica e rexistra

    Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo

    Agora que xa coñecedes o voso país de destino, toca afondar na súa cultura para logo decidir que ides amosar na emisión do programa. Tedes dúas sesións para experimentar a danza e o xogo tradicional típico deste país. Non esquezades:

    • Exercer o voso rol específico (lembrade que están explicados na Fase 2).
    • Ter a man as Fichas de rexistro de danza e xogo estranxeiro (descargástelas no apartado 3.2).

    Lectura facilitada

    Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo

    Xa coñecedes o voso país de destino.

    Tócavos afondar na súa cultura.

    Tedes dúas sesións para experimentar a danza e o xogo tradicional típico deste país.

    Máis adiante escolleredes cal queredes representar na emisión.

    Non vos esquezades de:

    • Exercer o voso rol específico (están explicados na Fase 2).
    • Ter a man as Fichas de rexistro da danza e do xogo estranxeiro (descargadas no apartado 3.2).

    Por onde comezar?

    Imaxe cunha pista e unha frecha simulando o comezo dunha carreiraXogo ou danza? 

    Tedes que experimentar os 2.

    A persoa docente indicaravos cal facer primeiro.

    Dinámica para a danza

    1. Mirade o vídeo no que se amosa a representación da danza e prestade atención á música.
    2. Fixádevos cal é a disposición do grupo: círculo, parellas, outros agrupamentos...
    3. Ensaiade os primeiros pasos e a medida que os dominedes ide sumando os seguintes.
    4. Cando xa teñades aprendidos todos os pasos, ensaiade até que dominedes a danza con soltura.
    5. Amosádelle a danza á persoa docente para verificar que está correcta.
    6. Rexistrádea na folla de rexistro de danza estranxeira 

    Dinámica para o xogo

    1. Analizade ben as normas e a dinámica do xogo. 
    2. Identificade o material que precisades.
    3. Organizade o material e os equipos.
    4. Experimentade o xogo e practicade até dominalo.
    5. Amosádelle o xogo á persoa docente para que verifique que está correcto.
    6. Rexistrádeo na ficha de rexistro de xogo estranxeiro.

    Lectura facilitada

    Por onde comezar?

    Xogo ou danza? 

    Tedes que experimentar os 2.

    A persoa docente indicaravos cal facer primeiro.

    Dinámica para a danza

    1. Mirade o vídeo no que se amosa a representación da danza.
    2. Prestade atención á música.
    3. Fixádevos en cal é a disposición do grupo: círculo, parellas, outros agrupamentos...
    4. Ensaiade os primeiros pasos.
    5. Ide sumando os seguintes pasos.
    6. Ensaiade a danza completa ata dominala con soltura.
    7. Amosádelle a danza á persoa docente.
    8. Verificade que está correcta.
    9. Rexistrádea na folla de rexistro de danza estranxeira. 

    Dinámica para o xogo

    1. Analizade ben as normas e a dinámica do xogo. 
    2. Identificade o material que precisades.
    3. Organizade o material e os equipos.
    4. Experimentade o xogo e practicade até dominalo.
    5. Amosádelle o xogo á persoa docente.
    6. Verificade que está correcto.
    7. Rexistrádeo na ficha de rexistro de xogo estranxeiro.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)