| Hábitos saudables e hixiene tras a práctica - INDIVIDUAL | Aplica, tras os ensaios e a emisión, de forma autónoma e responsable hábitos de hixiene e coidado persoal, mostrando conciencia da súa importancia para a saúde. (1) | Aplica de maneira habitual, tras os ensaios e a emisión, hábitos básicos de hixiene e coidado persoal (0,75) | Aplica algúns hábitos de hixiene ou coidado persoal, tras os ensaios e a emisión, só cando recibe indicacións do profesorado. (0,5) | Cómpre recordarlle frecuentemente, tras os ensaios e a emisión, hábitos básicos de hixiene e coidado persoal. (0,25) | Non aplica, tras os ensaios e a emisión, hábitos básicos de hixiene e coidado persoal. (0) |
|---|
| Participación e cooperación - INDIVIDUAL | Lidera a cooperación, axuda a coordinar o equipo, resolve conflitos de forma autónoma e fomenta a inclusión e respecto total durante a organización e a posta en escena da danza e do xogo. (1,25) | Cumpre o rol asignado, colabora activamente e resolve desacordos mediante diálogo; respecta ideas e habilidades do grupo durante a organización e posta en escena da danza e do xogo. (1) | Participa e cumpre o rol asignado con supervisión; colabora de forma básica e respecta aos demais na maioría das ocasións durante a organización e posta en escena da danza e do xogo. (0,75) | Participa pouco; necesita recordatorios; dificultades para respectar roles e acordos de grupo durante a organización e posta en escena da danza e do xogo. (0,5) | Non participa durante a organización e posta en escena da danza e do xogo. (0) |
|---|
| Execución motriz e dominio corporal - INDIVIDUAL | Executa movementos creativos, coordinados e expresivos; integra ritmo, espazo e interacción; domina a danza/xogo de forma fluída e atractiva durante a emisión. (1,5) | Executa movementos coordinados e precisos; respecta ritmo, espazo e interacción; realiza a danza/xogo de forma axeitada durante a emisión. (1) | Executa movementos básicos correctos; respecta o ritmo e espazo con algúns erros; interacción limitada co grupo na emisión da danza e do xogo. (0,5) | Executa movementos descoordinados; pouca conciencia de ritmo, espazo e interacción co grupo na emisión da danza e do xogo. (0,25) | Non executa movementos co grupo na emisión da danza e do xogo. (0) |
|---|
| Expresión e comunicación corporal - GRUPAL | Expresión corporal moi clara, expresiva e creativa; o corpo comunícase con seguridade e intención, transmitindo emocións e identidade cultural. A ambientación, o vestiario e a posta en escena enriquecen a representación e fan a conexión en directo moi atractiva e crible. (1,5) | Boa expresión corporal; comunícanse con claridade intencións e emocións a través do corpo. O vestiario, a música e a ambientación están ben integrados e axudan a contextualizar a danza ou o xogo dentro da emisión. (1) | A expresión corporal é básica; transmítense algúns movementos e emocións de forma correcta. O vestiario ou a ambientación utilízanse de maneira puntual, sen reforzar claramente a mensaxe cultural da representación. (0,50) | A expresión corporal é escasa; os movementos son pouco intencionados e non se acompañan de xestos, actitude nin elementos de ambientación ou vestiario que axuden a comunicar a danza ou o xogo. (0,25) | Non hai expresión corporal, nin elementos de ambientación ou vestiario que axuden a comunicar a danza ou o xogo. (0) |
|---|
| Uso de recursos dixitais e documentación - GRUPAL | Domina ferramentas dixitais; rexistros precisos, claros, creativos e ben organizados; comparte información fiable e útil para levar a cabo a preparación da representación e a elaboración do guión. (0,75) | Usa ferramentas dixitais correctamente; rexistros completos, claros e organizados para levar a cabo a preparación da representación e a elaboración do guión. (0,5) | Usa ferramentas dixitais con certa autonomía; rexistros básicos e algo organizados para levar a cabo a preparación da representación e a elaboración do guión. (0,25) | Usa pouco ou mal as ferramentas dixitais; rexistros incompletos ou desorganizados para levar a cabo a preparación da representación e a elaboración do guión. (0,10) | Non usa as ferramentas dixitais nin realiza os rexistros. (0) |
|---|
| Cultura e aprendizaxe intercultural - GRUPAL | Transmite de forma creativa e rigorosa a cultura do país. Relaciona danza, xogo, vestiario e ambientación cos valores, tradicións e contexto histórico e social, creando unha emisión coherente e intercultural que achega ao público á realidade cultural representada. (2) | Entende e transmite correctamente a cultura e a orixe da danza e do xogo. A ambientación, o vestiario e o uso do espazo reforzan a mensaxe cultural e contribúen a situar a emisión no contexto do país representado. (1,5) | Comprende a cultura e o país de forma básica. Establece conexións simples entre a danza ou o xogo e a súa procedencia, empregando unha ambientación ou vestiario sinxelos, con escasa intencionalidade cultural. (1) | Mostra pouco interese polo país e pola súa cultura. Non relaciona a danza nin o xogo coa súa orixe nin co contexto cultural, e a ambientación ou o vestiario non gardan relación coa cultura representada. (0,5) | Non mostra interese polo país e a cultura e non hai vestiario da cultura representada. (0) |
|---|
| Actitude respectuosa e sostible - INDIVIDUAL | Respecta e coida materiais, espazo e persoas; fomenta un comportamento respectuoso, inclusivo e sostible no grupo na organización, práctica e representación da emisión. (1,75) | Respecta materiais, espazos e compañeiros/as; mantén unha actitude respectuosa constante e responsable na organización, práctica e representación da emisión. (1,25) | Respecta espazo, materiais e compañeiros/as na maioría das ocasións; actitude respectuosa básica na organización, práctica e representación da emisión. (0,75) | Ten pouco respecto polo material, espazo e compañeiros/as; actitude pouco respectuosa na organización, práctica e representación da emisión. (0,25) | Non respecta o material nin aos compañeiros/as na organización, práctica e representación da emisión. (0) |
|---|
| Capacidade de análise e avaliación - INDIVIDUAL | Reflexiona de forma crítica e construtiva sobre todo o proceso da emisión: planificación do guión, reparto de roles, organización e resultado final. Propón cambios xustificados e contribúe a optimizar a calidade da retransmisión. (0,25) | Analiza de maneira clara o proceso de preparación da emisión (guión, organización, ensaios e posta en escena). Participa activamente e acepta o feedback do equipo e aplica melloras visibles no programa final. (0,20) | Realiza unha análise sinxela sobre o guión, a organización ou a actuación, identificando algúns aspectos que se deben mellorar, aínda que sen propoñer cambios claros nin aplicalos de forma efectiva. (0,15) | Ten dificultade para analizar o proceso de traballo. Non revisa o guión nin a organización da emisión, e apenas incorpora as achegas do equipo para mellorar a conexión en directo. (0,10) | Non analiza o proceso de traballo e non incorpora achegas ao equipo para mellorar a emisión. (0) |
|---|