Galegas polo mundo!

Chegou o gran día! Comeza a emisión de Galegas polo mundo!
Serán entre unha e dúas xornadas intensas de programa, nas que cómpre lembrar:
- Cada día de programa terá as tres secuencias do guión e tantas conexións como dea tempo a facer (como mínimo tres).
- En cada momento da emisión, cada grupo de galegos e galegas polo mundo terá un dos seguintes papeis:
- Persoa emigrante: é o grupo que fai a conexión segundo o guión establecido. Lembra que cada persoa integrante ten un rol (definido na Fase 2). Non esquezas de colocar a ambientación antes do directo.
- Público: é o resto de alumnado da aula, que terá que prestar atención, gardar silencio e agardar a súa quenda. Para animar aos equipos emigrantes, cubriredes unha ficha de valoración da actuación e entregarédeslla ao final da sesión.
Lectura facilitada
Comeza a emisión de Galegas polo mundo!
Serán entre unha e dúas xornadas.
Debes lembrar:
- Cada día de programa terá as tres secuencias do guión.
- No momento da emisión, cada grupo, terá un dos seguintes papeis:
- Persoas emigrantes: é o grupo que fai a conexión. Lembra que cada persoa integrante ten un rol.
- Público: é o resto de alumnado da aula, que terá que prestar atención, gardar silencio e cubrir unha ficha de valoración da actuación.

