Saltar navegación

O guión

 

Glosario

Escena

Pictograma que representa a imaxe dunha persoa sendo entrevistada na televisión.

Definición:

É a unidade máis pequena do relato audiovisual. Normalmente non hai cambios de localización nin saltos temporais importantes.

Exemplo:

Imos gravar a primeira escena, na que o presentador conversa coa reporteira.

Secuencia

Pictograma de filmar para representar a imaxe dunha persoa gravando unha secuencia.

Definición:

Conxunto de varias escenas que xiran arredor dunha mesma acción ou idea narrativa.

Exemplo:

A secuencia que gravamos onte tiña tres escenas que me resultaron moi difíciles de interpretar.

Ambientación

Pictograma que representa a imaxe da decoración dun escenario.

Definición:

A ambientación consiste en engadir recursos complementarios á narración para crear unha realidade que resulte crible.

Exemplo:

A ambientación coa música e os decorados quedaron xeniais.

O esqueleto do guión

Xa sabes que o guión é o referente para o proceso de creación de calquera emisión. Agora vas coñecer un pouco máis acerca dos seus elementos principais: as secuencias e a duración. 

  • As secuencias: son os bloques ou partes das que se comporá o programa de Galegas polo mundo! Cada secuencia leva un número que indica a súa orde, un nome ou título que a identifica, e unha descrición das escenas das que consta.
  • A duración: é o tempo que lle ides adicar a cada secuencia. 

No seguinte botón tes un exemplo de guión básico que che poderá servir para concretar máis adiante a conexión do teu equipo co estudio de gravación central.

Lectura facilitada

O guión é a receita da emisión.

O guión ten dúas partes:

  • As secuencias:
    • son as partes do programa Galegas polo mundo!
    • teñen un número de orde, un título e unha descrición do que vai pasar.
  • A duración: é o tempo que dura cada secuencia.

No seguinte botón hai un exemplo de guión básico.

Preme para ver o esquema

SECUENCIA NOME DESCRICIÓN DURACIÓN
1 APERTURA
  • Escena 1: A persoa presentadora (en principio, o/a docente) introduce o programa dende o estudio de gravación central (a zona da aula ou espazo que escollésedes para este fin): 

"Benvidos e benvidas a "Galegas polo mundo!": Edición especial danzas e xogos. Hoxe imos..."

1 - 2 minutos
2 CONEXIÓNS 

Tantas conexións como grupos. Cada grupo terá un número "x" que indica a orde de actuación. 

  • Escena 2.1(x): introdución e representación da cultura estranxeira. Se o teu grupo é o 1, (x=1), entón esta escena chamaríase 2.1(1). É a primeira escena do segundo bloque do grupo 1.
  • Escena 2.2(x): introdución e representación da cultura galega. Se o teu grupo é o 1, (x=1), entón esta escena chamaríase 2.2(1). É a segunda escena do segundo bloque do grupo 1.
  • Escena 2.3: regreso ao estudio de gravación para dar paso ao seguinte grupo - presentador/a. Esta escena é común para todos os grupos.
8 - 10 minutos/conexión por grupo
3 PECHE
  •  Escena 1: A persoa presentadora (en principio, o/a docente) pecha o programa dende o estudio de gravación central (a zona da aula ou espazo que escollésedes para este fin): 

"Ata aquí o programa de hoxe. Despedimos esta emisión especial..."

1 - 2 minutos 

Guionizamos

Duración: 1/2 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

Xa vistes a estrutura que vai ter o programa Galegas polo mundo! Falta concretar a secuencia 2, a de conexións.

En grupo, escribide o texto que introduza as vosas intervencións. Debedes detallar o que diredes en directo xusto antes da representación da danza e do xogo que faredes, é dicir, as dúas primeiras escenas da secuencia 2 (2.1 e 2.2). As persoas reporteiras do voso grupo serán as encargadas de presentar as vosas actuacións/representacións. A persoa docente indicaravos a orde de actuación. Gardade o documento nun cartafol físico ou dixital, xa que o ides volver empregar para definir a ambientación, para facer os ensaios e, por suposto, para a realizar a posta en escena final.

Lectura facilitada

Duración: 1/2 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

Nesta actividade concretaredes a secuencia 2, a de conexións.

En grupo tedes que:

  • Escribir o texto da escena 2.1 e 2.2 para presentar as vosas intervencións.
  • Explicar o que ides dicir en directo.

Gardade o texto que escribades nun cartafol físico ou dixital.

Usaredes o texto máis adiante.

A persoa docente indicaravos a orde de actuación.

As persoas reporteiras do grupo serán as encargadas de presentala.

Precisamos un modelo para cubrir

A continuación podedes descargar un documento base para o guión da vosa intervención:

  • Tedes dúas versións editables: principiante e avanzada. Elixide cal empregar en función do tempo que tedes dispoñible e/ou a que vos indique a persoa docente. 
  • Polo de agora tedes que completar o que dirán os/as reporteiros/as na secuencia 2, en concreto nas escenas 2.1(x) e 2.2(x) da vosa conexión en directo.
  • Podedes empregar os rexistros que cubristes na Fase 3, tanto dos elementos culturais galegos como dos estranxeiros para describir a vosa posta en escena.

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a vosa conexión (Secuencia 2). Nivel principiante.

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a vosa conexión (Secuencia 2). Nivel Avanzado.

Lectura facilitada

Nas seguintes ligazóns podedes descargar un documento base para realizar as intervencións do voso guión.

  • Versión editable: principiante e avanzada. Elixide cal empregar en función do tempo que tedes dispoñible e/ou o que vos indique o docente. 

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a vosa conexión (Secuencia 2). Nivel principiante.

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a vosa conexión (Secuencia 2). Nivel Avanzado.

Só tedes que completar o que dirán os/as reporteiros/as nas escenas 2.1(x) e 2.2(x) da vosa conexión en directo.

O noso grupo foi o primeiro en rematar!

Se estades aquí é porque fostes o equipo máis rápido. Parabéns! 

Atreveriádesvos a escribir o texto da persoa presentadora para as escenas de apertura, peche e cambio de grupo? Lembrade que é unha breve intervención de non máis de 1-2 minutos. Adiante!

  • Igual que no caso anterior, dispoñedes de dúas versións editables: principiante e avanzada.
  • Cada ficha contén as secuencias 1, 2 (nesta secuencia soamente a escena 2.3 de regreso ao estudio para cambio de conexión/grupo) e 3 da emisión.

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a apertura e peche (Secuencias 1, 2 e 3). Nivel principiante.

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a apertura e peche (Secuencias 1, 2 e 3). Nivel avanzado.

Lectura facilitada

Se estades aquí é porque fostes o equipo máis rápido. 

Agora debedes escribir o texto da persoa presentadora para as escenas de apertura, peche e cambio de grupo.

  • Versión editable: principiante e avanzada. 

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a apertura e peche (Secuencias 1, 2 e 3). Nivel principiante.

Icona que simboliza a descarga (frecha para abaixo) dun documento (rectángulo) Preme para descargar o modelo de guión para a apertura e peche (Secuencias 1, 2 e 3). Nivel avanzado.

Lembrade que é unha breve intervención de non máis de 1-2 minutos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)