Saltar navegación

5.2. A escena final

Que aprendiches?

Chega o momento de reflexionar sobre todo o aprendido ao longo desta experiencia global e cultural. A continuación, contas cun resumo visual de todo o que tes feito. Fai clic na imaxe para explorala con máis detalle:

Resumo gráfico dos contidos do REA

Conclusións

  • Ao longo desta viaxe convertéstevos en pequenos embaixadores e embaixadoras da cultura galega, explorando danzas e xogos do noso país e doutros lugares do mundo.
  • A través dos xogos, das danzas e do movemento, explorastes diferentes países e aprendestes novas formas de expresarvos co corpo, organizar o material e o espazo. 
  • Durante o proxecto descubristes a importancia de coñecer e respectar outras culturas, de valorar a diversidade e de traballar xuntas para acadar un obxectivo común.
  • Practicastes danzas galegas e doutros lugares do mundo, recuperastes xogos tradicionais e entendestes o seu significado cultural.
  • Tamén creastes unha emisión en directo ao estilo Galegas polo mundo!, na que puxestes en práctica a organización, a comunicación e o traballo en equipo, asumindo distintos roles e responsabilidades.
  • Seguramente comprendestes mellor a importancia de coñecer outras culturas, respectar a diversidade e poñer en práctica habilidades motrices, de expresión e traballo en equipo.

Esta infografía recolle todo o aprendido ao longo do proceso e axúdavos a lembrar como o movemento, o xogo e a cooperación poden unir culturas e persoas.

Lectura facilitada

Neste proxecto:

  • Coñecestes danzas e xogos galegos e doutros países.
  • Aprendestes a respectar e valorar outras culturas.
  • Organizastes actividades.
  • Crestes unha emisión en directo.
  • Asumistes distintos roles e responsabilidades.
  • Mellorastes a expresión corporal, a cooperación e o respecto pola diversidade cultural.

Lembraches como o movemento, o xogo e a cooperación poden unir culturas e persoas.

Presente e futuro

Diario de aprendizaxe

Estás a piques de pechar esta aventura pola cultura galega. Reflexiona sobre o que aprendiches, celebra os teus logros e pensa en como aplicarás estas experiencias en novas situacións. Cada danza, xogo e decisión forma parte do teu crecemento e da túa conexión co mundo. Antes de rematar, responde ás seguintes cuestións na Fase 5 do teu diario de aprendizaxe:

  • Que cambiarías ou mellorarías para próximas ocasións?
  • Que aprendiches sobre ti mesmo/a e sobre outras culturas durante esta experiencia?
  • En que outros contextos poderías poñer en práctica o que aprendiches sobre a danza e o xogo? Con quen o compartirías (familiares, amigos/as, compañeiros/as doutros ámbitos)?

A continuación, fai unha posta en común co teu equipo.

Lectura facilitada

Remata esta aventura pola cultura galega.

É o momento de reflexionar e anotar. 

  • Que cambiarías ou mellorarías para próximas ocasións?
  • Que aprendiches sobre ti mesmo/a e sobre outras culturas durante esta experiencia?
  • En que outros contextos poderías poñer en práctica o que aprendiches sobre a danza e o xogo?

Comparte as túas achegas e reflexións no teu diario de aprendizaxe.  

Deberás responder ás cuestións da Fase 5.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)