Saltar navegación

Kenya

Migramos a Kenya

Imaxe da bandeira de KenyaKenya é un país de África oriental que se independizou do Reino Unido en 1963 e cuxa capital é Nairobi. Ten gran diversidade étnica e lingüística, co suahili e o inglés como linguas oficiais, pero hai máis de 60 idiomas.

Coñece máis de Kenya!

Danzas e xogos

Agora que estades en Kenya, imos ver que danzas e xogos podedes representar na emisión de Galegas polo mundo!

Danza: "Kwaheri"

Kwaheri significa adeus en suahili e é unha danza tradicional kenyana usada en despedidas ou festividades. Bailan homes e mulleres en filas ou círculos, con pasos rítmicos, movementos de brazos e xiros, acompañados de cantos e tambores. Simboliza despedida, boa sorte e reforza os lazos sociais.

Xogo: "Mbube Mbube"

Mbube Mbube é un xogo tradicional kenyano de persecución.

As persoas participantes forman un círculo e dúas colócanse no centro cos ollos vendados: o león e o antílope. O león tenta atrapar ao antílope, mentres ambos se moven entre os demais, que berran Mbube, Mbube! Se o león non o atrapa nun minuto, pasa ao círculo e o antílope convértese en león. Outra persoa participante entra como novo antílope e o xogo continúa. Se o león atrapa ao antílope, escóllese outro antílope para seguir xogando.

Mbube significa león en lingua zulú e suahili.

Lectura facilitada

A danza de Kenya proposta chámase Kwaheri.

Bailan homes e mulleres organizados de xeito circular.

Realízanse pasos rítmicos, movementos de brazos e xiros.

Simboliza a despedida e a boa sorte.

O xogo de Kenya proposto chámase Mbube Mbube.

É un xogo de persecución.

As persoas que xogan formarán un círculo.

Dentro do círculo situaranse dúas persoas.

Unha persoa será o león (mbube) e o outro o antílope.

Ambos terán os ollos tapados.

Trala sinal, o mbube terá 1 minuto para atrapar ao antílope.

  • Se o mbube atrapa ao antílope, cambiarase ao antílope.
  • Se o mbube non o consegue, o antílope pasa a ser mbube e outra persoa pasa a ser antílope.

No anterior caso, o mbube pasa a formar parte do círculo.

Practica e rexistra

Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo

Agora que xa coñecedes o voso país de destino, toca afondar na súa cultura para logo decidir que ides amosar na emisión do programa. Tedes dúas sesións para experimentar a danza e o xogo tradicional típico deste país. Non esquezades:

  • Exercer o voso rol específico (lembrade que están explicados na Fase 2).
  • Ter a man as Fichas de rexistro de danza e xogo estranxeiro (descargástelas no apartado 3.2).

Lectura facilitada

Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo

Xa coñecedes o voso país de destino.

Tócavos afondar na súa cultura.

Tedes dúas sesións para experimentar a danza e o xogo tradicional típico deste país.

Máis adiante escolleredes cal queredes representar na emisión.

Non esquezades:

  • Exercer o voso rol específico (están explicados na Fase 2).
  • Ter a man as Fichas de rexistro da danza e do xogo estranxeiro (descargadas no apartado 3.2).

Por onde comezar?

Imaxe cunha pista e unha frecha simulando o comezo dunha carreiraXogo ou danza? 

Tedes que experimentar os 2.

A persoa docente indicaravos cal facer primeiro.

Dinámica para a danza

  1. Mirade o vídeo no que se amosa a representación da danza e prestade atención á música.
  2. Fixádevos en cal é a disposición do grupo: círculo, parellas, outros agrupamentos...
  3. Ensaiade os primeiros pasos e a medida que os dominedes ide sumando os seguintes.
  4. Cando xa teñades aprendidos todos os pasos, ensaiade até que dominedes a danza con soltura.
  5. Amosádelle a danza á persoa docente para verificar que está correcta.
  6. Rexistrádea na folla de rexistro de danza estranxeira 

Dinámica para o xogo

  1. Analizade ben as normas e a dinámica do xogo. 
  2. Identificade o material que precisades.
  3. Organizade o material e os equipos.
  4. Experimentade o xogo e practicade até dominalo.
  5. Amosádelle o xogo á persoa docente para que verifique que está correcto.
  6. Rexistrádeo na ficha de rexistro de xogo estranxeiro.

Lectura facilitada

Por onde comezar?

Xogo ou danza? 

Tedes que experimentar os 2.

A persoa docente indicaravos cal facer primeiro.

Dinámica para a danza

  1. Mirade o vídeo no que se amosa a representación da danza.
  2. Prestade atención á música.
  3. Fixádevos en cal é a disposición do grupo: círculo, parellas, outros agrupamentos...
  4. Ensaiade os primeiros pasos.
  5. Ide sumando os seguintes pasos.
  6. Ensaiade a danza completa ata dominala con soltura.
  7. Amosádelle a danza á persoa docente.
  8. Verificade que está correcta.
  9. Rexistrádea na folla de rexistro de danza estranxeira. 

Dinámica para o xogo

  1. Analizade ben as normas e a dinámica do xogo. 
  2. Identificade o material que precisades.
  3. Organizade o material e os equipos.
  4. Experimentade o xogo e practicade até dominalo.
  5. Amosádelle o xogo á persoa docente.
  6. Verificade que está correcto.
  7. Rexistrádeo na ficha de rexistro de xogo estranxeiro.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)