Galegas polo mundo! está a piques de comezar. Mais... sabías que antes de que un programa se emita en directo, o equipo de redacción reúnese para repasar o material que xa ten, comprobar o que funciona e decidir que necesita mellorar? Algo así farás ti ao longo desta fase.
- Que lembras sobre danzas e xogos galegos?
- Es quen de asociar ritmos a países e culturas?
- Móveste de xeito consciente?
Estes e outros son aspectos que xa traballaches en anos anteriores así que... sintoniza cos teus coñecementos previos!