- Empregar o corpo como ferramenta de expresión e comunicación.
- Coñecer, practicar e valorar xogos e danzas populares galegas e doutras culturas.
- Mellorar a expresión corporal, a coordinación, o ritmo e o control do movemento.
- Traballar en equipo de xeito colaborativo e respectuoso, empregando as habilidades sociais e o diálogo para resolver conflitos.
- Levar a cabo unha práctica motriz saudable e responsable cos demais e co medio.
- Empregar aplicacións dixitais como apoio na práctica de actividades físicas.

1. Empregar correctamente a expresión corporal, a coordinación e o ritmo na práctica de danzas e xogos.

2. Traballar en equipo para planificar, ensaiar e crear representacións colectivas.

3. Desenvolver xogos motores e manifestacións artísticas da propia cultura e doutras.

4. Comunicar e guiar xogos e danzas de forma participativa evitando estereotipos e comportamentos sexistas.

5. Valorar e conservar as tradicións culturais propias e doutros lugares.
6. Promover actividades en distintas contornas de xeito respectuoso co medio ambiente.
7. Empregar a tecnoloxía para comunicar, colaborar e producir contidos.
8. Valorar o traballo doutras persoas, recoñecendo o seu esforzo e achega a un proxecto común.
9. Reflexionar sobre a aprendizaxe e o impacto da actividade na comunidade educativa.