Xa comezaches a evocar algúns coñecementos en grupo. Unha vez finalizado o proceso de sintonización de aprendizaxes previas, chega o momento de comprobar a súa calidade.
Canto máis saibas sobre xogos, danzas e tradicións, maior creatividade e confianza terás para participar na emisión en directo diante de toda a clase. Por iso, é importante que, antes de saír en antena, fagas algunha das seguintes actividades de repaso. En cal delas queres poñer o foco? Adiante!
Audio
Opción A: Nova ou conto?
Sinala con verdadeiro ou falso as seguintes afirmacións:
Retroalimentación
Verdadeiro
Si! Ademais tamén se poden facer bailes agarrados.
Retroalimentación
Falso
Non! Tamén se poden bailar en festas, espazos naturais ou na rúa.
Retroalimentación
Verdadeiro
Por suposto! Moitas delas representan cerimonias, rituais e estados emocionais.
Retroalimentación
Verdadeiro
Si! e xógase a eles noutras partes do mundo.
Retroalimentación
Falso
Non! Os xogos tradicionais transmitíronse de xeración en xeración por transmisión oral.
Retroalimentación
Verdadeiro
Si! Ao igual que na xota.
Retroalimentación
Verdadeiro
Correcto! Aínda que cada danza ten o seu estilo, todas comparten estes dous elementos comúns.
Retroalimentación
Falso
Non! A diversidade é o que fai que as danzas do mundo sexan tan ricas e interesantes.
Retroalimentación
Verdadeiro
Por suposto! Xogos, como o pano, a chave ou a billarda, forman parte da nosa historia e tradicións.
Neste espazo, reflexionarás sobre o que xa sabías e o que descubristes agora sobre as danzas, os xogos tradicionais e a cultura popular, tanto galega como doutros países.
Anota as túas lembranzas, pensamentos e curiosidades na bitácora da expedición: que che sorprendeu? que che resultou máis divertido? con que costumes ou xogos te sentes identificado/a?
A continuación, comparte as túas respostas co resto de integrantes do teu equipo. Este exercicio axudaravos a comprender mellor como os vosos coñecementos previos se transforman en aprendizaxes novas, e como podedes conectalos coa preparación da emisión en directo de Galegas polo mundo! Canto máis entendades como aprendedes, máis fácil vos resultará viaxar, crear e compartir a vosa cultura co mundo.
Lectura facilitada
Nesta fase convertécheste nun explorador/a lembrando e descubrindo xogos, danzas e tradicións de Galicia e doutros países.
Con que costumes ou xogos te sentes identificado/a?