O que se escoita
A música e os sons serán fundamentais para unha emisión de calidade.
- Música: deberedes ter descargada a música nun formato adecuado, reproducible polo equipo que teredes na aula, e gardada nun dispositivo de almacenamento portátil (un lapis USB, por exemplo). Non confiedes completamente na conexión a Internet, pois pode fallar e comprobade que o son sexa claro e de boa calidade.
- Efectos de son: podedes tamén ambientar as intervencións das persoas reporteiras con música de fondo ou con efectos de son.
Audio
A audio-teca
Música das danzas estranxeiras
Para descargar os arquivos de son das danzas estranxeiras tedes dúas opcións:
- Descargar os arquivos dunha páxina web
-
Aquí tedes dúas páxinas web:
- https://danzasdelmundo.wordpress.com/: na marxe dereita, debaixo das danzas, tedes o apartado "DESCARGA DE AUDIOS". Debedes fixarvos nos números das seguintes danzas: Bretaña (11), Rusia (30), Irlanda (31), Escocia (65) e Kenya (92).
- https://danzasdelmundo.weebly.com/audios-1---20.html: Na marxe esquerda desta páxina web, tedes o apartado "AUDIOS". Tedes até 40 danzas e podedes atopar as de Bolivia (22), Portugal (13) e Kenya (30).
- Extraer os audios dos vídeos da Fase 3
-
Se preferides empregar os vídeos da Fase 3, podedes illar a música e descargala en formato MP3 empregando un conversor en liña. Na maioría deles cómpre realizar os seguintes pasos:
-
- Copiar a URL do vídeo.
- Deixar o formato MP3 e premer no botón de Converter.
- Descargar premendo no botón que indica Download.
-
Xota galega
Preme na seguinte ligazón para descargar o audio illado do vídeo co que aprendiches a bailar a xota galega:
Efectos de son
Se considerades a posibilidade de incluír algún efecto de son, podedes descargalos desta páxina web:


Que elementos decorativos poden facer fincapé na cultura do país ao que migrastes? Algúns exemplos son:
As danzas adoitan a ter unha vestimenta típica que as identifica. Os xogos tamén adoitan levar asociado un equipamento ou roupa característica. Na vosa aula non tedes por que ter estes recursos.