A conexión con Galegas polo mundo! está cada vez máis cerca. Pero antes de coller o micrófono, cómpre que vos mergulledes ben nos contidos da futura emisión. Ao longo desta fase:
- Empaparédesvos da cultura galega, afondando nos seus principais elementos transmisores: a danza e o xogo.
- Emigraredes a un país estranxeiro e coñeceredes a súa cultura, o que vos servirá para respectar o modo de vida doutros pobos e poñer en valor o voso propio.
- Escolleredes a danza e o xogo que representaredes na conexión con Galegas polo mundo!
Tedes listas as maletas e o pasaporte? Pois entón, podemos comezar!