Vivindo ao día
Imaxina que queres coñecer que é o que está a acontecer no noso concello nun momento preciso, ou incluso, durante un tempo determinado. Que fan as persoas nesta época do ano? Que intereses ten a rapazada para divertirse nestes días? Que eventos ou festivais se están a celebrar? Para coñecelo, é preciso empregar un tempo verbal concreto. Sabedes do que estamos a falar?
Lectura facilitada
Para poder falar de sucesos que están acontecendo nun momento preciso utilízase o tempo presente.