Saltar navegación

1.3. O noso mapa de ruta

Imos alá!

Para acadar este reto propoñémosche:

Reto 1:

Creade unha ficha descritiva coa información máis relevante do novo concello (nome, bandeira, xentilicio, número de habitantes…)

Reto 2:

Creade un tríptico ou vídeo de presentación do concello onde incluades os símbolos, festas, estrutura organizativa, lugares de interese… do novo concello.

Reto 3:

Elaborade un guión escrito para defender a vosa proposta de concello fusionado.

Reto final:  

Empregando o traballo feito durante todos os retos, participade nun debate para elixir o mellor candidato a fusión e expoñede unha representación que ilustre o voso novo concello. 

Lectura facilitada

Para acadar o reto tes que: 

Reto 1. Crear unha ficha coa información do concello.

Reto 2. Crear un tríptico ou vídeo de presentación do concello.

Reto 3. Crear un guión escrito para defender o concello. 

Reto final. Participar nun debate para elixir o mellor concello. 

Que conseguirás facer ao finalizar o reto?

Aínda que o traballo a realizar está enfocado no produto final, durante este proceso de creación e consecución do reto vas aprender polo camiño moitas cousas das que podemos destacar:  

  1. Aprender sobre diferentes tipos de textos. 
  2. Entender onde vivimos e os diferentes niveis organizativos.
  3. Ler, comprender e traballar cos textos dependendo do contexto.
  4. Redactar textos empregando un vocabulario axeitado as características do texto e ao medio. 
  5. Traballar en equipo promovendo o respecto polas opinións do resto.
  6. Poñer en valor a cultura e o patrimonio galego entendendo o pasado e o presente.

Lectura facilitada

Aprender sobre diferentes tipos de textos. 

Entender onde vivimos e como nos organizamos.

Ler, comprender e escribir textos.

Traballar en equipo e respectar aos demais.  

Valorar a cultura e patrimonio galegos.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Agora que xa sabedes un pouco máis sobre os concellos, de xeito individual cada un de vós deberedes escoller un dos catro concellos e imaxinar como sería o voso día a día se vivísedes nun deles. Acode ao teu diario de aprendizaxe para reflexionar e rexistrar a túa visión dese día a día imaxinario. Procura escoller un concello cuxas características sexan opostas á poboación na que vivides.

Lectura facilitada

Escoller un dos catro concellos. 

Imaxinar como sería a vida nese concello. 

Reflexionar e rexistrar no diario de aprendizaxe o día a día nese concello.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)