Os xentilicios
Cadaquén ven dun lugar diferente; dende vilas, ata cidades ou pobos. Todos eles teñen historias e tradicións únicas, así como un nome especial para os seus habitantes: os xentilicios. Estes permiten marcar unha identidade, pois logran que as persoas se sintan parte dun grupo con aspectos en común. Tamén contribúen á riqueza da nosa lingua, permitíndonos incluso xogar coas palabras. Estades preparados/as? Comecemos!
Reproduce o seguinte vídeo do Dígocho Eu e fíxate nos sufixos máis comúns para a formación de xentilicios en lingua galega.
Lectura facilitada
Os xentilicios marcan a identidade das persoas dun lugar.
É un xeito de unión entre a xente dun pobo.
Os xentilicios tamén contribúen á riqueza da nosa lingua.
