Saltar navegación

5.2 Avaliamos o reto

Rúbrica de coavaliación

Neste apartado presentámosche unha rúbrica para que poidas avaliar os produtos finais que presentaron o resto dos grupos. Aínda que sexa unha rubrica de coavaliación tamén pode ser empregada de xeito individual ou en grupo para avaliar dun xeito obxectivo o voso traballo e decatarvos dos aspectos nos que podedes mellorar. Como poderás supoñer, esta crítica é bastante máis técnica e obxectiva que a realizada no punto anterior mediante o xogo feito con papeis ou cartolinas de cores.

Rúbrica de coavaliación
 ExcelenteBoAceptableInsuficiente
Claridade e fluidezEnténdese moi ben toda a información. O volume, ritmo e a entoación son boas. A linguaxe é axeitada. (2.5)Enténdese ben toda a información. O volume, ritmo e a entoación son boas, aínda que hai algún erro. A linguaxe é axeitada. (1.75)Enténdese  toda a información. Hai erros no volume, ritmo ou entoación.    A linguaxe non sempre é axeitada. (1.50)Non se entende sempre a información. Hai varios erros no volume, ritmo e entoación. A linguaxe non é axeitada. (1.25)
Organización e coordinación do equipoHai unha boa organización da presentación de contidos. A orde de presentación é fluída e non hai momentos de dúbida e, no caso de habelos, resólvense de inmediato coa axuda do resto do equipo. (2.5)Hai unha boa organización da presentación de contidos. A orde de presentación é case sempre fluída e os momentos de dúbida resólvense coa axuda do resto do equipo. (1.75)A organización da presentación de contidos non é moi clara. Na presentación hai algún momento de dúbida que non é ben resolto. (1.50)A organización da presentación de contidos é difícil de seguir. Na presentación hai numerosos momentos de dúbida que non son ben resoltos. (1.25)
Interacción coa audienciaHai contacto visual coa audiencia. Modifícanse aspectos da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese ás preguntas de forma clara e coa información axeitada. (2.5)Hai contacto visual coa audiencia a maior parte do tempo. Modifícase algún aspecto da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese á maioría das preguntas de forma clara e coa información axeitada. (1.75)Hai pouco contacto visual coa audiencia. Non se modifican aspectos da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese á maioría das preguntas coa información axeitada. (1.50)Apenas hai contacto visual coa audiencia. Non se modifican aspectos da presentación aínda se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Non se responde ás preguntas coa información axeitada. (1.25)
Interiorización dos contidos As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte sen momentos de dúbida. (2.5) As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte cun momento puntual de dúbida, pero poden seguir coa presentación da súa parte. (1.75) As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte con varios momentos de dúbida, pero poden seguir coa presentación da súa parte. (1.50) As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte con varios momentos de dúbida, sen poder seguir coa presentación da súa parte. (1.25)
Creatividade e atractivo visualÉ un tríptico atractivo visualmente e invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación de toda a información. (2.5)É un tríptico atractivo visualmente e invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación de case toda a información. (1.75)É un tríptico pouco atractivo visualmente, pero aínda así invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación dalgunha información. (1.50)É un tríptico que non é atractivo visualmente e non invita á súa consulta. O seu deseño non facilita a lectura e interpretación da información. (1.25)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica de coavaliación (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

No punto de mira: as regras dunha debate

En grupos decidide se as seguintes regras son válidas ou inválidas nunha debate. 

Pregunta 1

1. Se un dos meus opoñentes está dicindo algo que non me gusta podo interromper e expresar a miña opinión ao respecto. 

Pregunta 2

2. Non podo impor un punto de vista persoal.

Pregunta 3

3. Podo falar con total liberdade, sempre e cando empregue vocabulario adecuado e evite un rexistro informal. 

Pregunta 4

4. Se non me gusta unha das preguntas que me formula a audiencia, podo negarme a responder. 

Pregunta 5

5. Cando remate o meu tempo de intervención teño que gardar silencio e escoitar atentamente ás intervencións dos meus opoñentes para tomar nota e poder rebater na miña próxima quenda. 

Pregunta 6

6. Cando me presento só debo dar información relevante, como nome e apelidos, ocupación ou estudos que se están a cursar. 

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Agora incluíde no diario de aprendizaxe unha explicación de como cres que sería un concello dirixido polos alumnos e alumnas desta clase, cales cres que serían as súas políticas e en que cres que se centrarían. Lembra repartir os postos de goberno: os concelleiros e as concelleiras, alcalde ou alcaldesa, etc. Lembrade empregar os tempos verbais axeitados e os topónimos pertinentes.

Lectura facilitada

Escribir no diario de aprendizaxe como sería un concello dirixido polo alumnado da clase. 

Repartir os postos de goberno (alcalde/esa, concelleiros/as...)

Empregar os tempos verbais e topónimos adecuados.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)