Saltar navegación

5. Conclusión

 

Glosario

Coavaliación

Pictograma AVALIADOR

Definición:

Examinar técnica o criticamente, nunha sesión de traballo, un produto presentado polo resto do alumnado onde a miúdo mantense o anonimato do examinador.

Exemplo:

Os alumnos coavaliaron os seus traballos para detectar posibles erros.

Exposición

Picto exposición

Definición:

Acción e efecto de expoñer algo para que sexa visto, escoitado e apreciado por outras persoas.

Exemplo:

Fun ver a exposición que fixo na librería sobre a súa novela.

Conclusións

Xa rematamos o noso reto! Foi un longo camiño e custou traballo, mais xa temos os nosos concellos creados e listos para funcionar.

Aínda que xa traballamos dabondo é hora de realizar a coavaliación. Para que o traballo sexa completo, é imprescindible avaliar tanto o noso traballo individual, o noso traballo como grupo e fomentar o noso espírito crítico reflexionando sobre o traballo do resto dos grupos da aula. Para iso teremos que presentar o noso traballo mediante unha exposición aos compañeiros e compañeiras para que estes avalíen o noso traballo e despois sexamos nós os que avaliemos os seus.

Ao facer isto lograremos coñecer en que aspectos podemos mellorar para futuros traballos e tamén como é considerado o noso traballo de forma máis obxectiva posible sen deixarnos levar polas nosas preferencias. 

Imos coa última parte deste reto.

Lectura facilitada

Xa finalizamos o reto.

Imos avaliar o traballo dos compañeiros.

Axudaremos a facer mellor os seguintes traballos.

Seremos xustos coas nosas opinións.

Repasamos o aprendido

Esquema final da unidade

Feito con eXeLearning (Nova xanela)