Saltar navegación

5.1 Presentamos o novo concello

Actividade de presentación

A continuación, co obxectivo de mostrar todo o aprendido sobre os tipos de texto, a expresión oral e o funcionamento dos concellos, tódolos grupos deberán deseñar unha pequena e breve representación. Nesta pequena dramatización teredes que repartir os roles dun goberno e representar como sería una acto de investidura dun novo alcalde ou alcaldesa. Tende en conta a importancia de empregar os tempos verbais pertinentes, empregando pasado para falar do anterior mandato ou futuro para enxalzar o que fará ese goberno no seu mandato. Lembrade facer fincapé nos aspectos a destacar do voso concello e imaxinade como sería con vos de gobernantes.

É importante que tódolos membros do grupo participen dalgún xeito nesta dramatización. E lembrade ben todo o aprendido ao longo do curso no referente a expresión oral e expresión corporal á hora de presentar un traballo.

Cando sexa a quenda dos compañeiros e compañeiras deberase mostrar o mesmo respecto co que nos gustaría que nos escoitasen cando sexa a nosa quenda.

Lectura facilitada

Xa finalizamos o reto.

Imos avaliar o traballo dos demais.

Os compañeiros e compañeiras avaliarán o noso traballo.

Axudaranos a facer mellor os seguintes traballos.

Seremos xustos coas nosas opinións.

Actividade para a coavaliación

Para a seguinte actividade terás que tomar o rol de mestre e ser quen de avaliar aos teus compañeiros e compañeiras. Ten en conta que deberás ser obxectivo co resto dos grupos xa que vas avaliar o traballo realizado durante este proceso e poderás axudar a que toda a clase mellore para os seguintes retos que vos atopedes.

Para esta coavaliación procederemos do seguinte xeito:

  • Cada un dos grupos terá unha cor asignada e cada neno ou nena terá unha cartolina ou un papel coa cor de cada grupo.
  • Unha vez expostos tódolos traballos recortaredes a cartolina en seis anaquiños.
  • En tres anacos poñeredes palabras positivas sobre a presentación do grupo que corresponda e nos outros tres, suxestións de mellora ou aspectos que non vos pareceron axeitados.
  • Despois entregaranse de forma anónima, para posteriormente os integrantes dos grupos ir colocándoas segundo as consideren positivas, negativas ou non estean de acordo coa valoración. 

Ao finalizar, cada grupo deberá analizar as valoracións dos compañeiros e farase unha valoración final das impresións do conxunto da clase sobre cada un dos trípticos. Tendo en conta todo o traballado durante estes retos sobre a forma axeitada e educada de expresar calquera opinión ou suxestión. Xa que toda idea é respectable e merece ser tida en conta.

Lectura facilitada

Realización da coavaliación. 

  • Cada grupo ten cartolinas dunha cor determinada. 
  • En 3 anacos de cartolina escribir palabras positivas sobre a presentación de cada grupo.
  • En 3 anacos de cartolina escribir suxestións sobre a presentación de cada grupo.
  • Entregar as cartolinas a cada grupo para reflexionar sobre as valoracións.
  • Valoración final en gran grupo dos trípticos de cada equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)