As tradicións
As tradicións van máis aló do que nos imaxinamos. Son moito máis que simples costumes. Axudan a definir a nosa identidade transmitindo de xeración en xeración as nosas verdadeiras raíces, valores, crenzas e incluso o amor pola nosa terra. As tradicións inclúen unha infinidade de cousas moi diferentes entre si pero moi conectadas na realidade (gastronomía, baile, cancións, literatura, etc.).
Existen numerosas formas de facer chegar as tradicións aos máis pequenos e así, facelas perdurar no tempo. Neste apartado imos formar parte dese fío condutor e imos investigar e traballar sobre elas. Estades preparados e preparadas? Que comece a investigación!
Lectura facilitada
As tradicións definen a nosa identidade.
As tradicións transmítense de xeración e xeración.
As tradicións están relacionadas cá nosa orixe.
As tradicións inclúen baile, gastronomía, literatura, etc.
Imos investigar as nosas tradicións.