Saltar navegación

1. Descubrimos un concello

 

Glosario

Alcalde/Alcaldesa

presidente_del_congreso

Definición:

Primeira autoridade do concello ou goberno municipal e presidente dese goberno.

Exemplo:

O alcalde ou alcaldesa de Viladouro está aínda sen nomear.

Cidadán/cidadá

Pictograma de Persona

Definición:

Persoa que forma parte da comunidade de membros dun estado ou concello.

Exemplo:

A meirande parte dos cidadáns deste concello falan castelán.

Concello

Mapa político ficticio dun concello

Definición:

Corporación constituída polo alcalde e os concelleiros, que ten ao seu cargo a administración dun municipio.

Exemplo:

Eu vivo no concello de Santiago mais a miña tía vive no concello de Ames.

Fusión

Pictograma de fusión

Definición:

Unión de dúas persoas, animais ou cousas.

Exemplo:

As alcaldesas firmaron a fusión dos seus concellos.

Creamos un concello dende cero!

Escaleiras en forma helicoidal Museo do Pobo Galego

Temos un problema! O concello de Viladouro presenta unha baixa taxa de natalidade, xa que a maior parte da mocidade está marchando cara as cidades e vilas próximas para estudar e traballar. Como consecuencia disto, o colexio CEIP de Viladouro, situado no devandito concello, está a piques de pechar. Por outra banda, a idade media da poboación do concello é cada vez máis avanzada, polo que os recursos e medios non parecen suficientes para atender a toda a veciñanza. Así, a cidadanía reclama máis persoal sanitario no centro de saúde do concello.

Dende o concello estívose estudando a situación e propúxose ós seus habitantes iniciaren un proceso de fusión para xuntarse cun dos concellos limítrofes, xa que deste xeito obterían numerosos beneficios. Aquí é onde o concello solicita a vosa colaboración, xa que durante este proceso vós teredes que tomar decisións moi importantes que van ser imprescindibles para que isto poida levarse a cabo. 

Ao ser un proceso formal, é preciso que investiguedes e descubrades novas formas de comunicar e transmitir a información dun xeito organizado. Tamén precisaredes ferramentas para poñer isto en común traballando de forma conxunta e debatendo as diferentes opcións posibles. Aínda que traballemos cun mapa e con concellos ficticios, isto axudaranos a entender onde vivimos e como funcionamos. Seredes quen de formar un novo concello?

Lectura facilitada

O concello de Valdouro precisa xuntarse con outro.

Ao seu arredor existen outros concellos.

Valdouro vaise fusionar.

Temos que falar entre todos para decidir que é o mellor.

Que aprenderemos?

Ao longo deste REA vas aprender e facer diferentes cousas:

  • Traballaremos as pautas a seguir para crear diferentes tipos textuais (argumentativos, de opinión, etc.).
  • Traballaremos como mellorar a nosa expresión oral a través do debate.
  • Coñecendo diferentes opinións e dando a coñecer as nosas ideas.
  • Coñeceremos que son os xentilicios e traballaremos sobre eles para poder coñecer a nosa contorna e crear o noso concello.
  • Afondaremos nas conxugacións verbais, que nos permitirán falar do pasado, presente e futuro do noso novo concello, Viladouro.
     

Lectura facilitada

Neste REA vas aprender a:

  • Traballar diferentes tipos textuais.
  • Traballar a expresión oral mediante o debate.
  • Coñecer tipos de opinión. 
  • Coñecer os xentilicios para coñecer a contorna e crear un concello.
  • Traballar as conxugacións verbais. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)