Glosario
Lexislatura
-
Definición:
-
Período de tempo no que un equipo de goberno permanece no cargo.
-
Exemplo:
-
Esta lexislatura foi máis curta por mor do descontento xeral da veciñanza.
Definición:
Período de tempo no que un equipo de goberno permanece no cargo.
Exemplo:
Esta lexislatura foi máis curta por mor do descontento xeral da veciñanza.
Ola pequenos cidadáns e pequenas cidadás! Algunha vez vos preguntastes como funciona un concello? Pois ben, imos descubrilo xuntos.
Un concello podería describirse como o cerebro do noso municipio. Encárgase de que todo funcione á perfección. Por exemplo, de manter as rúas e estradas limpas, que existan zonas verdes, que o alumeado funcione correctamente polas noites etc.
No concello traballan persoas que se encargan de coidar o noso municipio. Estas persoas son elixidas pola veciñanza nas eleccións municipais, que normalmente se celebran cada catro anos. Existen dous cargos principais dentro do equipo de goberno dun concello:
O alcalde ou alcaldesa, que encabeza o equipo de goberno e é a cabeza máis visible. Encárgase de tomar decisións importantes para o ben do concello.
Os concelleiros e concelleiras encárganse de temas específicos e son os máximos responsables dos diferentes departamentos nos que se divide o concello, as concellarías. Existen concellarías de educación, deportes, cultura, limpeza, seguridade... As concellarías dependen das demandas e necesidades do concello, polo que poden mudar dunha lexislatura para outra ou dun territorio para outro.
O alcalde ou alcaldesa e os concelleiros e concelleiras reúnense no concello para falar dos problemas do municipio e buscar solucións. Traballan en equipo para que os habitantes do concello estean conformes e teñan unha boa calidade de vida.
Un concello é como o cerebro do noso municipio. Encárgase de que todo funcione á perfección.
As persoas que traballan no concello son elixidas polos veciños/as nas eleccións municipais.
O equipo de goberno está formado por un alcalde ou alcaldesa e por concelleiros ou concelleiras.
O alcalde ou alcaldesa encárgase de tomar decisións importantes para o ben do concello.
Os concelleiros encárganse das concellarías. As concellarías son os departamentos nos que se divide un concello.
O equipo de goberno (alcalde/a e concelleiros/as) reúnense no concello para resolver os problemas do municipio.
.png)
Investigade acerca de todos os aspectos mencionados na actividade anterior e recompilade no voso diario de aprendizaxe toda a información que atopedes sobre o voso concello. Aínda que a busca sexa común, cada un e cada unha de vós deberedes cubrir o seu diario de aprendizaxe. Podedes usar a páxina web do voso concello para acceder á información que precisedes.
Investigar e recompilar información sobre o voso concello.
Pódese usar a páxina web do voso concello para obter a información.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0