Saltar navegación

Mans á obra

Damos a coñecer o noso concello

Tócanos seguir traballando sobre o noso reto final e nesta ocasión, unha vez establecidos os aspectos básicos que marcan a identidade do noso pobo (bandeiras, festas, xentilicios, etc.) deberedes elaborar un tríptico ou vídeo de presentación da vosa proposta de concello que servirá como publicidade para fomentar o seu recoñecemento por parte do resto das vilas/cidades. Tendes que incluír aspectos como:

  • Símbolos (bandeira, escudo, himno)
  • Festas (verbenas, romarías, festas patronais, festas gastronómicas...)
  • Estrutura organizativa (nome dos compoñentes do goberno, concellerías...)
  • Lugares de interese (monumentos, edificios institucionais, parques, praias, ríos, montes...)
  • Aspectos culturais (xuventude, turismo, lecer, deportes, educación, medio ambiente...)
  • etc.

A continuación preséntanse algunhas suxestións para elaborar o vídeo ou tríptico de presentación do novo concello.

Tríptico

Triptico

Un tríptico é un documento que presenta texto e imaxe que se emprega para difundir información sobre algo. Está dividido en tres seccións iguais, dúas das cales se dobran sobre unha central.

Este debe ser vistoso para captar a atención do público. É imprescindible seleccionar un tipo de letra lexible e cores agradables que faciliten a lectura. Tamén debe prestarse especial atención ás imaxes, que deben ser pertinentes e de calidade.

Existen diversas ferramentas dixitais que se poden empregar para a creación de trípticos, como Canva ou un editor de texto. Outra posibilidade é elaborar un tríptico á man empregando cartolinas ou folios que se sobrarán en tres partes e sobre os que se pegarán as imaxes seleccionada e se escribirá o texto. 

Vídeo

Entrevista

O vídeo de presentación debe ser curto para manter a atención dos espectadores. Así, resumiranse dunha maneira moi visual os aspectos principais do concello. Poderase incluír texto para complementar as imaxes, así como música de fondo para facer máis agradable o visionado. 

Será preciso unha cámara de vídeo para gravar e un editor de vídeo para montar o vídeo, como Kdenlive

Lectura facilitada

Deberedes elaborar un tríptico ou vídeo de presentación do voso concello.

Teredes que incluír aspectos como:

  • Símbolos
  • Festas
  • Estrutura organizativa
  • Lugares de interese
  • Aspectos culturais

Un tríptico é un documento que presenta texto e imaxe para informar.

O tríptico ten que ser vistoso, presentar letra lexible e cores agradables.  

O vídeo ten que ser curto.

No vídeo pódese incluír texto e música.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)