Saltar navegación

O futuro

As vilas do futuro

Que pasaría se adiantamos o tempo en nos situamos no ano 3000?  Cres que a sociedade seguiría vivindo como ata agora? Habería moitos cambios? 

Estas preguntar pódense responder grazas á existencia dos tempos verbais condicionais e futuros. Con eles poderemos expresar ideas ou suposicións e traballar así a nosa imaxinación.

Coa seguinte actividade viaxaremos no tempo. Adiante! 

Lectura facilitada

Expresamos ideas empregando o pospretérito e o futuro.

Para a seguinte tarefa tes que empregar a imaxinación.

Fala sobre os cambios nas vilas no ano 3000.

Vivindo no ano 3000

Por grupos, pensade as características que podería ter un edificio do voso pobo no ano 3000 (pode ser a comisaría, correos, unha panadería, un edificio de vivendas ou moitos outros). Anotade nun papel as vosas ideas e compartídeas co resto de grupos (aparencia, funcións que se desempeñan no interior, características do edificio, a xente que traballa vive/alí, etc). Deberedes empregar o tempo futuro e pospretérito sendo o máis creativos e creativas posible! 

Deseguido, completade a seguinte táboa coa información correspondente de cada verbo empregado. Seguide o exemplo.

Forma verbal Persoa Número Tempo Modo Infinitivo
Pasaría Singular Pospretérito Indicativo Pasar

Lectura facilitada

Actividade en grupos.

  • Pensa nun edificio do ano 3000.
  • Compárao cun edificio actual.
  • Escribe as diferenzas.
  • Imaxina que acontece dentro.
  • Emprega o tempo futuro e pospretérito.

Sigue o exemplo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)