A arte de debater
O debate é o tratamento de un ou varios asuntos no que as persoas participantes achegan o seu punto de vista sobre os temas dos que se fala. Normalmente os puntos de vista son contrarios ou diferentes, polo que os interlocutores intentan convencer á audiencia con argumentos. Pode levarse a cabo de maneira oral ou escrita, aínda que a maneira máis habitual é a primeira. Ao final, débese chegar a un acordo ou a un punto intermedio.
Un debate é sempre conducido por un moderador ou moderadora que se encarga de establecer as quendas de palabra e de que as regras e tempos sexan respectados.
Pódese dividir un debate en varios momentos que se relatan a continuación:
Apertura

O moderador ou moderadora explica brevemente o asunto que se vai tratar e os participantes no debate preséntanse á audiencia.
Corpo do debate

É a parte máis longa e en ela os participantes expoñen os seus puntos de vista. Cada un deles terá un período de tempo asignado para poder expresarse e fóra del non poderá falar e deberá escoitar ó resto de interlocutores.
Preguntas e respostas

O público formula preguntas para os interlocutores. É unha parte moi importante xa que en moitas ocasións esta parte xoga un papel fundamental na decisión ou opinión final da audiencia.
Conclusións

Faise un breve resumo dos puntos de vista defendidos durante o debate e escóllese aquel que prevaleceu sobre os demais.
Lectura facilitada
Un debate é o tratamento de asuntos no que as persoas participantes achegan o seu punto de vista.
Os puntos de vista soen ser diferentes.
Un debate é conducido por un moderador ou moderadora.
O debate divídese en:
- Apertura.
- Corpo da debate.
- Preguntas e respostas.
- Conclusións.