Saltar navegación

3.2. O pasado, presente e futuro do noso concello

Un concello con verbos

Pintura casa Toscana

Viladouro é o resultado da fusión de dous concellos que decidirán unirse para ser máis fortes e mellorar así aspectos que inflúen na vida da súa veciñanza. Porén, non debemos esquecer que precisamos de moitas máis cousas que a iniciativa para que isto funcione á perfección. Unha desas cousas é a clara e boa comunicación.

Unha boa comunicación conséguese cun correcto uso da linguaxe e a linguaxe está chea de palabras moi diferentes entre si. Un tipo de palabras que xogan un papel fundamental son os verbos, que nos permiten contar historias pasadas, predicir ou especular sobre o futuro, expresar ideas ou dar ordes entre outras moitas cousas.

Imaxinade coma sería un mundo sen verbos… ningunha acción se podería levar a cabo porque NON EXISTIRÍAN! Aprendendo a traballar con eles, estaremos preparadas e preparados para crear leis, resolver conflitos, transmitir as decisións acadadas, etc. Tendo todo isto en conta… védesvos preparadas e preparados para continuar coa creación do voso concello? Comecemos a conxugar os verbos e así poder construír xuntas e xuntos o futuro do noso pobo!

Lectura facilitada

Viladouro é un novo pobo.

Viladouro nace da unión de dous pobos diferentes.

Para mellorar a calidade de vida necesitamos boa comunicación.

Conseguímolo empregando a linguaxe correctamente.

Os verbos son moi importantes.

Con eles podemos contar historias, dar ordes...

Aprendamos a usalos ben!

Os tempos verbais

Os tempos verbais presentan unha raíz e unha desinencia que son as que nos permitirán conxugar o tempo verbal desexado (presente, pasado ou futuro e tódalas súas variantes).

A raíz é a parte central e dinos cales son as letras do verbo que non variarán ao conxugalo. Por outro lado, a desinencia é a parte variable do verbo, esta é á que lle debemos prestar atención cando cambiamos o tempo verbal.

Por exemplo, na palabra fusionarei a raíz sería fusion- e a súa desinencia sería -arei.

TRUCO!

Para coñecer a raíz e a desinencia dun verbo, deberedes poñelo en infinitivo e quitar a desinencia que marca a súa conxugación.

Exemplo: fusionar (fusion+ar)

Porén, existen algúns verbos que non compren con esa norma. Ese son coñecidos coma verbos irregulares. Algún exemplo destes son o verbo ser, dar, ir, poñer, etc. 

Se picades neste enlace, teredes moita máis información que vos axudará nas actividades que se vos presentan a continuación! Aquí abaixo atoparedes conxugados os tempos de indicativo.

Lectura facilitada

Os tempos verbais teñen raíz e desinencia.

A raíz é a parte que non varía.

A desinencia é a parte que varía.

No verbo fusionarei: fusión-raíz -arei desinencia.

Os verbos irregulares teñen diferentes raíces.

Prema aquí para máis información.

Presente de indicativo

1ª CONXUGACIÓN (ANDAR) 2ª CONXUGACIÓN (BATER) 3ª CONXUGACIÓN (VIVIR)
ando
andas
anda
andamos
andades
andan
bato
bates
bate
batemos
batedes
baten
vivo
vives
vive
vivimos
vivides
viven

Copretérito de indicativo

1ª CONXUGACIÓN (ANDAR) 2ª CONXUGACIÓN (BATER) 3ª CONXUGACIÓN (VIVIR)
andaba
andabas
andaba
andabamos
andabades
andaban
batía
batías
batía
batiamos
batiades
batían
vivía
vivías
vivía
viviamos
viviades
vivían

Pretérito de indicativo

1ª CONXUGACIÓN (ANDAR) 2ª CONXUGACIÓN (BATER) 3ª CONXUGACIÓN (VIVIR)
andei
andaches
andou
andamos
andastes
andaron
batín
batiches
bateu
batemos
batestes
bateron
vivín
viviches
viviu
vivimos
vivistes
viviron

Futuro de indicativo

1ª CONXUGACIÓN (ANDAR) 2ª CONXUGACIÓN (BATER) 3ª CONXUGACIÓN (VIVIR)
andarei
andarás
andará
andaremos
andaredes
andarán
baterei
baterás
baterá
bateremos
bateredes
baterán
vivirei
vivirás
vivirá
viviremos
viviredes
vivirán

Antepretérito de indicativo

1ª CONXUGACIÓN (ANDAR) 2ª CONXUGACIÓN (BATER) 3ª CONXUGACIÓN (VIVIR)
andara
andaras
andara
andaramos
andarades
andaran
batera
bateras
batera
bateramos
baterades
bateran
vivira
viviras
vivira
viviramos
vivirades
viviran

Pospretérito de indicativo

1ª CONXUGACIÓN (ANDAR) 2ª CONXUGACIÓN (BATER) 3ª CONXUGACIÓN (VIVIR)
andaría
andarías
andaría
andariamos
andariades
andarían
batería
baterías
batería
bateriamos
bateriades
baterían
viviría
vivirías
viviría
viviriamos
viviriades
vivirían

A raíz e a desinencia

Completa separando a raíz e desinencia dos verbos cun guión. Se son verbos irregulares, escribir ao lado unha 'I' rodeada de dous guións '--I--'

Exemplo: cantei (cant-ei)

  • Cantamos:
  • Fomos:
  • Comeredes:
  • Xogamos:
  • Dixeron:
  • Vivirán:
  • Pintei:
  • Foi:

Activar JavaScript

O meu concello, o meu fogar

Completa os ocos coa forma de verbo que está escrita nos parénteses.

Un concello (2ªpers. pl. presente de indicativo verbo 'poder') imaxinalo como unha gran casa onde moita xente (3ªpers. sing. presente de indicativo verbo 'vivir') xunta. Esta unión (3ª pers. sing. pretérito perfecto simple verbo 'xurdir') da decisión de formar unha comunidade cuns representantes que (3ª pers. pl. pospretérito simple verbo "ser") o alcalde ou alcaldesa e os conselleiros e conselleiras.

Esta casa (3ª pers. sing. pret. imp. de indicativo verbo "ofrecer") moitos servizos coma a recollida de lixo, a decoración e coidado das rúas, a organización de festas, etc. (1ª pers. pl. presente de indicativo verbo "saber") que (3ª pers. sing. futuro simple verbo ‘seguir’) crecendo e mellorando as nosas vidas.

Porén, non podemos (2º pers. pl. presente indicativo verbo esquecerse) de propoñer novas ideas e participar para que a súa melloría sexa máis rápida e eficaz.

Activar JavaScript

Canto sabes de verbos?

Completa o recadro coa forma verbal correspondente. Inclúe o pronome persoal correspondente. 

  • 3ª persoa do plural masculino, pretérito de indicativo do verbo "comer" -
  • 1ª persoa do singular, futuro de indicativo do verbo "viaxar". -
  • 2ª persoa do singular, copretérito de indicativo do verbo "estudar". -
  • 3ª persoa do singular feminino, antepretérito de indicativo do verbo "vivir". -
  • 1ª persoa do plural, presente de indicativo do verbo "facer".  -
  • 1ª persoa do singular, presente de indicativo do verbo "cantar".  -
  • 2ª persoa do plural, pretérito de indicativo do verbo "bailar". -
  • 3ª persoa do singular masculino, futuro de indicativo do verbo "traballar". -
  • 1ª persoa do plural, copretérito de indicativo do verbo "estudar". -
  • 2ª persoa do singular, antepretérito de indicativo do verbo "vivir". -

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)