Existen múltiples tipos de texto que empregamos segundo as nosas necesidades. Podemos diferenciar entre os seguintes tipos de texto: argumentativo, descritivo, narrativo, dialogado ou expositivo.
Como se viu no apartado anterior, un texto descritivo ofrece información e detalles sobre unha persoa, cousa ou lugar. Por outra banda, nun xornal aínda que poden aparecer varios tipos de texto, o máis común é o texto narrativo-expositivo.
Lectura facilitada
Existen varios tipos de textos: argumentativo, descritivo, narrativo, dialogado ou expositivo.
Un texto descritivo dá información sobre persoas, cousas ou lugares.
Un xornal ten texto narrativo-expositivo.
Audio
A fusión de concellos está de actualidade
Os expertos chaman a alentar fusións para crear concellos de polo menos 5.000 veciños.
Sete anos logo da fusión que deu lugar a Cerdedo-Cotobade, a Xunta reabre o debate das integracións coa vista posta no declive demográfico que castiga particularmente ao interior e coa sustentabilidade das finanzas locais no foco. Académicos e alcaldes debateron este xoves en Santiago as conclusións do 'Estudo sobre a planta local galega', encargado polo Goberno galego á Fundación Juana de Vega, que contou coas tres universidades.
O que evidenciou o foro é que se trata dunha pataca quente pois, aínda que a enquisa que inclúe o informe —elaborada en base a un milleiro de entrevistas— apunta que o 83% dos cidadáns serían favorables ás unións voluntarias, as pulsións localistas constitúen un obstáculo.
A pesar de recoñecer que, na actualidade, Galicia "non é ou territorio cos concellos máis pequenos", pois dos 313 concellos, só seis teñen menos de 500 habitantes —na veciña Castela e León, a máis fragmentada de España cun total de 2.248 municipios, son un 80%—, os expertos chaman a anticiparse ás dinámicas poboacionais da próxima década.
E o estudo conclúe que se deben impulsar fusións de concellos que "superen conxuntamente os 5.000 habitantes e cunhas densidades de poboación de polo menos 20 persoas por quilómetro cadrado". Neste sentido, os expertos chaman a reformar a Lei de Administración Local de Galicia e a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, que amparan as unións de menor rango. Vaqueiro explicou que, aínda que estudos do Consello de Europa establecen que "o tamaño mínimo" para que un municipio sexa sostible en termos financeiros é de 8.000 habitantes, chegando a receitar incluso alcanzar os 10.000, en Galicia é "inviable".
Adaptado de NÚÑEZ, V.(2024, 20 setembro). Os expertos chaman a alentar fusiones para crear concellos de polo menos 5.000 veciños. El Progreso de Lugo.
Lectura facilitada
Os expertos afirman que é bo fusionar concellos.
Académicos e gobernos debaten sobre a sostibilidade dos concellos e a posibilidade de fusionalos.
Unha enquisa mostra que a meirande parte dos cidadáns están a favor das fusións.
O estudo conclúe que se debe impulsar a fusión de concellos.
Dependendo do tamaño do concello, unha fusión faría posible que moitos deles foran sostibles.
Audio
Pregunta Verdadeiro-Falso
Le o texto informativo anterior e di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:
Retroalimentación
Verdadeiro
Efectivamente, así é.
Retroalimentación
Falso
En Galicia hai 313 concellos.
Retroalimentación
Falso
O estudo conclúe que se deben impulsar fusións de concellos que "superen conxuntamente os 5.000 habitantes e cunhas densidades de poboación de polo menos 20 persoas por quilómetro cadrado.
Retroalimentación
Verdadeiro
O tamaño mínimo" para que un municipio sexa sostible en termos financeiros é de 8.000 habitantes, chegando a receitar incluso alcanzar os 10.000.