Saltar navegación

4.1. Imos defender o noso concello

Democracia no noso concello

Ao longo deste REA puxéstesvos na pel de gobernantes de Viladouro que tiñan que conseguir fusionar o seu concello con outro limítrofe. Cada un dos grupos fixo as súas propostas e agora só queda votar pola mellor.

Como en todo proceso electoral, antes de proceder ás votacións, realízase unha campaña de promoción de cada unha das candidaturas. Estivestes preparando diversos materiais que vos axudarán neste cometido. Así, poderedes botar man das fichas descritivas do voso concello (reto 1, apartado 3), dos trípticos ou vídeos promocionais deste (reto 2, apartado 3.1) e do guión escrito (reto 3, apartado 4), no que defendiades a vosa proposta de fusión.

1. Primeiro, en grupos presentade a vosa proposta de concello ao resto da clase expoñendo os seus puntos fortes (exercicio realizado no punto 4)

2. Segundo, en grupos debatede sobre que fusión sería a máis conveniente. Lembrade o titorial sobre o funcionamento e as normas dun debate.

3. Terceiro, votade polo mellor concello. A votación poderá ser a man alzada, mediante papeis ou utilizando algunha aplicación web (Plickers, Kahoot!, Mentimeter…) para decidir que concello é o gañador.

Lectura facilitada

Primeiro, prepararemos unha presentación.

Deseguido, expoñeremos as nosas propostas.

Debateremos sobre as diferentes opcións.

Finalmente, votaremos pola mellor proposta.

Cada grupo defenderá o seu proxecto.

Todos e todas participaremos no debate.

Eliximos o mellor concello.

Apoio visual

Apoio visual

Enfoque multinivel

Á hora de facer o noso reto final, poderemos realizalo de diferentes formas, as propostas poderían ser:

  1. Realizar o guión do debate por escrito e expoñelos nun mural onde se poidan ler e consultar.
  2. Gravar un pódcast durante a realización do debate na aula. Poderase publicar a través da web do centro ou Aula Virtual para a súa difusión á comunidade educativa.
  3. Realizar o debate en vivo, mentres que as/os compañeiros poden participar con roldas de preguntas.

Rúbrica

Rúbrica para avaliar un debate
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
OrganizaciónTódolos argumentos están organizados de xeito lóxico en torno a unha idea principal. (4)A maioría dos argumentos están organizados de xeito lóxico en torno a unha idea principal. (3)Unha parte dos argumentos non están organizados en torno a unha idea principal de xeito claro e lóxico. (2)Os argumentos non están vinculados a unha idea principal. (1)
DebateTódolos contra-argumentos son precisos, relevantes e fortes. (4)A maioría dos contra-argumentos son precisos, relevantes e fortes. (3)Algúns contra-argumentos son precisos, relevantes e fortes, pero outros son moi débiles. (2)Os contra-argumentos non son precisos e/ou relevantes. (1)
Uso de feitosCada punto principal está ben sostido con varios feitos relevantes, estadísticas e/ou exemplos. (4)Casi tódolos puntos principais están ben sostidos con varios feitos relevantes, estadísticas e/ou exemplos. (3)Cada punto principal está adecuadamente sostido con varios feitos, estadísticas e/ou exemplos; pero algúns dos feitos non son relevantes. (2)Os puntos principais no están apoiados por feitos. (1)
InformaciónToda a información presentada no debate é clara e precisa. (4)A maior parte da información presentada no debate é clara e precisa. (3)A maior parte da información presentada no debate non é clara nin precisa. (2)A información ten varios erros e non sempre é clara. (1)
Presentación e linguaxeO equipo usa continuamente xestos, contacto visual, ton de voz, nivel de entusiasmo e a linguaxe nunha forma que mantén a atención da audiencia. (4)O equipo polo xeral usa xestos, contacto visual, ton de voz, nivel de entusiasmo e a linguaxe nunha forma que mantén a atención da audiencia. (3)O equipo algunhas veces usa xestos, contacto visual, ton de voz, nivel de entusiasmo e a linguaxe nunha forma que mantén a atención da audiencia. (2)Un ou máis dos membros do equipo ten un estilo de presentación e linguaxe que non mantén a atención da audiencia. (1)

Rúbrica (Traducida e adaptada do CEDEC). Rúbrica para avaliar un debate (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Pensamos, reflexionamos e melloramos

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

No voso diario de aprendizaxe, incluíde un breve resumo sobre como vos sentistes no debate e que cousas mellorariades da vosa intervención en vindeiras ocasións.

Lectura facilitada

Escribir no diario de aprendizaxe como te sentiches no debate e que mellorarías.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)