Adaptación ás características ou forma da lingua castelá.
Exemplo:
Unha das castelanizacións máis comúns é dicir "Sangenjo" en lugar de Sanxenxo.
Xentilicio
Definición:
Referido ao lugar de orixe de alguén.
Exemplo:
O xentilicio de Ourense é ourensán ou ourensá.
Descubrindo a través dos nomes de lugares
Sabías que o nome do noso concello esconde unha historia moi interesante? Os nomes das parroquias, pobos, aldeas, vilas... falan do pasado e son estudadas por unha ciencia chamada toponimia. A toponimia estuda a orixe dos nomes propios de lugares. Habitualmente o topónimo facía referencia ao nome dalgún elemento propio do lugar que se quería nomear. Os topónimos son a base sobre a que despois se constrúen os xentilicios das persoas habitantes deses lugares. A continuación recordamos algunhas das orixes máis habituais dos topónimos en Galicia.
Haxiónimos
Que son?
Os nomes de lugares refírense a construcións relixiosas.
Exemplo
Santiago de Compostela, A Igrexa.
Zoónimos
Que son?
O topónimo fai referencia a nomes de animais.
Exemplo
Cans, Cervo.
Fitónimos
Que son?
O topónimo fai referencia a nomes de plantas ou árbores.
Exemplo
Xunqueira, Carballo.
Orónimos
Que son?
Os nomes de lugar fan referencia á orografía ou ao relevo do terreo.
Exemplo
Ribeira, A Illa de Arousa.
Antropónimos
Que son?
Os topónimos fan referencia a un nome de persoa.
Exemplo
Vilagarcía de Arousa, Negueira de Muñíz.
Hidrónimos
Que son?
Os nomes de lugar refírense a auga, ríos ou lagos.
Exemplo
Pontedeume, Baños de Molgas.
Topónimos que fan referencia a construcións
Que son?
Os nomes de lugar fan referencia a edificacións feitas polas persoas.
Exemplo
A Estrada, Muíños.
Lectura facilitada
A toponimia é a ciencia que se encarga de estudar a historia dos nomes de lugares.
Os topónimos son a base sobre a que se crean os xentilicios.
Algunhas das orixes máis habituais dos topónimos son:
Haxiónimos: refírense a construcións relixiosas.
Zoónimos: refírense a animais.
Fitónimos: refírense ás plantas.
Orónimos: refírense ao relevo.
Antropónimos: refírense a unha persoa.
Hidrónimos: refírense á auga.
Referencia a construcións: refírense a edificacións.
Audio
Sabías que?
Orense, Ginzo de Limia, Mellid... seguro que oíches falar dalgúns destes topónimos, mais sabías que non é correcto empregalos? Moitos topónimos en Galicia sufriron un proceso de castelanización, o que significa que o nome galego traduciuse ó castelán. Estas traducións normalmente non respectaban a etimoloxía das palabras, polo que son erróneas e mesmo podemos dicir que malsoantes. Un exemplo moi típico é o de Sanxenxo, que se traduciu como “Sangenjo”. Etimoloxicamente o nome provén de San Xenxo, o patrón desta vila; polo que a tradución correcta tivese sido “San Ginés”.
A Lei de Normalización Lingüística, aprobada no ano 1983, decreta que o galego é a lingua propia de Galicia. Adicionalmente, no seu artigo 10 recóllese que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
A castelanización dos topónimos
Serías quen de localizar o topónimo galego correcto para cada un dos seguintes topónimos castelanizados? Completa os ocos co topónimo correcto.
Opción A: Explorando a xeografía galega
Arrastra cada concello á provincia á que pertence. Intenta non utilizar ningún tipo de axuda para comprobar canto sabes.
Pensa na toponimia galega e busca nomes de lugares que se podan encaixar nas categorías que repasamos ao principio desta sección. Podes axudarte da páxina Nomenclátor de Galicia para facer a túa busca. Completa unha táboa como a seguinte:
Tamén podes descargar o formato editable .odt aquí.
Lectura facilitada
Completar a táboa con nomes de lugares que encaixen en cada categoría.
Podes usar a páxina Nomenclátor de Galicia para buscar os nomes.