Charlamos
Agora que xa fixemos un pequeno repaso, imos ir quentando motores.
En pequeno grupo faremos unha conversa na que empregaremos algunha das palabras e expresións que repasamos e, como mínimo, un refrán.
Recorda que a conversa debe ser fluída, con coherencia e cohesión. Non esquezas utilizar unha correcta entoación porque lle dará sentido a este intercambio social!
Lectura facilitada
Despois deste repaso, en grupos, faremos unha conversa na que empregaremos palabras e expresións que acabamos de ver, así como refráns.
A conversa debe ser fluída, con coherencia e cohesión.
Emprega unha entoación correcta para darlle sentido.