É o idioma que empregamos para comunicarnos con outras persoas.
Exemplo:
A miña lingua é o galego.
Identidade
Definición:
É a cultura e tradicións dun pobo, tamén inclúe o idioma.
Exemplo:
O traxe tradicional galego forma parte da identidade de Galicia.
Proposta de reto
A identidade de Galicia está na súa lingua. Quen non coñece a súa lingua, non coñece a súa historia. Sen o galego, a nosa terra perde a súa voz. Necesitamos que os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria axuden a salvar o galego e, con el, a nosa identidade. Por que non investigamos sobre expresións en galego? E se creamos a nosa propia historia en galego?
Lectura facilitada
A identidade de Galicia está na súa lingua.
Coñecer a nosa lingua, axuda a coñecer a historia da nosa terra.
Galicia necesita o galego, para non perder a súa voz.
Necesitamos que os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria axuden a salvar o galego e, con el, a nosa identidade.
Imos investigar expresións en galego.
Imos crear a nosa propia historia en galego.
Audio
Necesitas axuda?
Deseñar a nosa propia historia supón numerosas cuestións que debemos ter en conta.
Aquí tes algunhas ideas:
.
A historia debe ter unha estrutura coas seguintes partes: introdución, nó e desenlace.
.
A historia debe ser visual, creando os teus propios personaxes xunto cos teus compañeiros e compañeiras de equipo.
.
Debe ser unha historia que teña expresións en galego para que perdure a nosa lingua.
.
Débese divulgar para que todos e todas a poidan gozar.
Audio
Que imos aprender?
1. Interpretar novas sobre o galego.
2. Coñecer expresións galegas.
3. Elaborar unha historia coherente e clara cunha ortografía e puntuación axeitada.
4. Crear unha animación a través da técnica de stop motion (fotograma a fotograma) ou noutro formato similar.