É a creación audiovisual onde obxectos inanimados se moven creando unha historia.
Exemplo:
Estamos creando unha animación con bonecos feitos con plastilina.
Edición
Definición:
Mellora dunha creación con medios dixitais.
Exemplo:
A animación estaba ben, pero editámolo para engadir algo de música.
Manexo da aplicación
Apertura da aplicación
Buscamos no escritorio a aplicación de Stop Motion Studio.
Crear un novo proxecto
Prememos no botón "+" para iniciar un novo proxecto.
Preparar a escena
Preparamos o escenario e colocamos os obxectos e personaxes necesarios. É importante ter en conta a iluminación para que a luz sexa constante en todas as fotografías.
Realizar as fotografías
Premede no botón vermello para realizar unha fotografía. Despois ide movendo pouco a pouco os obxectos e personaxes para realizar outra fotografía. É importante ir movendo os elementos pouco a pouco entre cada foto.
Editar a animación
Agora podedes premer o botón de "play" para reproducir a vosa película. Tamén podedes eliminar as fotografías que non sexan necesarias ou duplicar algunha se fose preciso. Pódese modificar a velocidade na configuración do proxecto, cambiando a cantidade de fotogramas por segundo.
Engadir efectos e sons
Podedes engadir na vosa animación: texto, títulos, música ou efectos de son, así como aplicar filtros ás imaxes.
Gardar a animación
Cando rematedes de realizar a animación, tedes que tocar a icona de compartir e escoller o formato de exportación, que neste caso será "Película".
Exemplo de animación
O seguinte vídeo é un exemplo de animación.
Audio
Pasemos das ideas á acción!
É o momento de poñervos coa aplicación. Podedes revisar as veces que sexa necesario a información da actividade anterior para familiarizarvos co seu manexo. Antes de comezar a realizar os fotogramas sería interesante experimentar coas ferramentas e opcións que ofrece a aplicación.
Audio
Opción A
Debedes debuxar e contruír unha soa escena que mostre o momento máis importante da historia.
Audio
Opción B
Tedes que crear dúas ou tres escenas diferentes que representen os momentos máis importantes da historia: o principio, o desenvolvemento e o final.
Audio
Opción C
Hai que crear moitas escenas seguidas que conten a historia paso a paso. Sacaredes fotos de cada escena para realizar a película.
Audio
Comprobamos antes de finalizar o reto
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.