Saltar navegación

5.1. Compartimos o noso reto

 

Glosario

Construtiva

Pictograma ARASAAC Avaliador

Definición:

Achegar ideas respectuosas co propósito de mellorar.

Exemplo:

Fixen unha crítica construtiva sobre o libro que rematei onte. 

Obxectiva

Fotogramas Freepik

Definición:

Valorar de xeito xusto, que non dependa de opinións. 

Exemplo:

Fixen unha valoración obxectiva do traballo.

Compartimos o noso reto

Seguro que aprendiches moito realizando o reto. A partir de agora verás a nosa lingua dende outra perspectiva, sendo capaz de valorar a riqueza que nos achegan os diferentes idiomas, así como a importancia da identidade do pobo. 

Agora é o momento de gozar do traballo realizado polos diferentes equipos e tamén de presentar o voso.

Para que os vosos compañeiros e compañeiras podan entender ben o voso traballo, debedes preparar unha pequena exposición do traballo que ides reproducir posteriormente. A continuación tedes unha serie de preguntas que podedes contestar e así garantir unha explicación completa e interesante, pero tamén tedes a posibilidade de modificalas ou engadir algunha a maiores. 

  • Por que escollestes esta historia?
  • Como organizastes o traballo no grupo?
  • Que materiais e técnicas utilizastes?
  • Que foi o máis difícil e como o solucionamos?
  • Que parte do traballo vos fixo sentir máis satisfacción e orgullo?
  • Que aprendestes facendo esta actividade?

Para que esta exposición sexa realmente efectiva, debedes contestar entre todas e todos os membros do equipo e logo dividirvos que parte vai dicir cada quen e en que orde. Isto permitirá que a exposición sexa realmente clara.

Lectura facilitada

Seguro que aprendiches moito realizando o reto.

Agora entenderás a importancia dos diferentes idiomas para a identidade do pobo. 

É o momento de compartir os proxectos realizados. 

Debedes facer unha exposición sobre o traballo que ides ensinar. 

Contestade ás seguintes preguntas para que sexa unha explicación completa e interesante. 

  • Por que escollestes esta historia?
  • Como organizastes o traballo no grupo?
  • Que materiais e técnicas utilizastes?
  • Que foi o máis difícil e como o solucionamos?
  • Que parte do traballo vos fixo sentir máis satisfacción e orgullo?
  • Que aprendestes facendo esta actividade?

Contestade as preguntas entre todos. 

Dividide as repostas entre os membros. 

Así, seguro que será unha exposición realmente clara. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)