| Contido | Emprega o galego correctamente, utilizando unha ou varias expresións en risco de perda. Úsanse de forma correcta e enténdese o seu significado. (4) | Emprega o galego correctamente, pero só inclúe unha expresión, de forma clara e con coherencia e cohesión. (3) | Hai erros no uso do galego e só se inclúe unha expresión con coherencia e cohesión. (2) | Non se usa correctamente o galego e as expresións non teñen sentido. (1) |
|---|
| Orixinalidade | O produto demostra grande orixinalidade. As ideas son creativas e enxeñosas. (4) | O produto demostra certa orixinalidade. O traballo demostra o uso de novas ideas e de perspicacia. (3) | Usa ideas de outras persoas (dándolles crédito) pero non hai case evidencia de ideas orixinais. (2) | Usa ideas de outras persoas pero non lles dá crédito. (1) |
|---|
| Vocabulario / Uso da linguaxe | Na historia non hai faltas de ortografía nin erros gramaticais. Vocabulario moi apropiado para o tema e a comunidade educativa. (4) | Cinco ou menos faltas ortográficas e gramaticais. Vocabulario bastante apropiado para o tema e a comunidade educativa. (3) | Dez erros de ortografía e/o errores gramaticais. Vocabulario non demasiado apropiado para o tema e a comunidade educativa. (2) | Máis de dez erros ortográficos e/ou gramaticais. Vocabulario nada apropiado para o tema e a comunidade educativa. (1) |
|---|
| Mensaxe | A mensaxe é perfectamente comprensible, realizado nun volume alto, entendible e con seguridade e confianza. A información é clara e precisa. (4) | A mensaxe é bastante comprensible, realizado nun volume medio, entendible e con seguridade e confianza. A información é bastante clara e precisa. (3) | A mensaxe non é demasiado comprensible. O volume é excesivamente alto ou apenas audible. Non é realizado con demasiada seguridade e a información é ambigua. (2) | A mensaxe non é nada comprensible. O volume é inadecuado por exceso ou defecto. Non é realizado con ningunha seguridade e a información é transmitida sen claridade. (1) |
|---|
| Gravación e edición do vídeo | Gravación excelente. (4) | Gravación con pequenos desaxustes. (3) | Gravación con saltos. (2) | Gravación insuficiente para seguir a historia. (1) |
|---|
| Planificación | Existe unha excelente labor de planificación cun guión previo e percíbese que se fixeron suficientes probas antes da gravación. Moi bo traballo en grupo. (4) | Detéctase que houbo planificación pero que nalgúns momentos se improvisa con non demasiado acerto. Bo traballo en grupo. (3) | Non houbo suficiente planificación e improvisouse desafortunadamente en moitos aspectos. O traballo en grupo foi regular. (2) | Non houbo planificación algunha. O vídeo foi totalmente improvisado. O grupo non funcionou. (1) |
|---|