Saltar navegación

1.2. A nosa axuda

 

Glosario

Fotograma

Pictograma ARASAAC Foto

Definición:

Imaxe coa que se forma unha película.

Exemplo:

Para gravar o vídeo de lingua galega fixeron falta máis de cen fotogramas.

Stop Motion Studio

Icono Stop Motion Studio

Definición:

Aplicación desenvolvida para editar películas coa unión de fotogramas na liña do tempo. 

Exemplo:

A nosa historia ímola montar coa aplicación Stop Motion Studio.

A polo reto!

O reto final será crear a nosa propia historia e representala a través da técnica stop motion, onde se terá que observar unha situación social onde se inclúan expresións en galego co obxectivo de empezar a introducilas no noso día a día e, así, axudar a que o galego siga presente na vida da xente da nosa comunidade. 

Estes serán os pasos para alcanzar o reto:

Creación da nosa historia en stop motion

Pictograma ARASAAC Reunión1º Creación de grupos

Organizarédesvos en grupos non moi grandes, para que así o traballo sexa máis levadío e eficiente. 

Pictograma ARASAAC Escribir2º Elaboración da historia

Crearedes unha historia onde se inclúa algunha expresión en galego, co obxectivo de introducilas na nosa comunicación habitual. 

Pictograma ARASAAC Cambiar de mano3º Cambio a un guión

Coa historia xa elaborada entre todo o equipo é o momento de crear un guión para poder representala nunha animación de stop motion. 

Pictograma ARASAAC Ordenador4º Creación de animación en stop motion

Despois de analizar polo miúdo a aplicación Stop Motion Studio, é o momento de crear os fotogramas necesarios para crear a animación e montalo de xeito que a historia se poida entender e gozar. 

Pictograma ARASAAC Play5º Difusión á comunidade educativa

Tendo claro o noso obxectivo, que é o que galego non desapareza e que se sigan empregando expresións galegas, é importante que mostredes á comunidade educativa (alumnado e profesorado do centro e familias) a vosa creación.

Lectura facilitada

O reto final será crear a nosa historia e representala a través da técnica stop motion.

Terá que aparecer unha situación social onde se inclúan expresións en galego.

O obxectivo é introducir esas expresións no noso día a día e que non desapareza o noso idioma.

Estes serán os pasos:

Creación da nosa historia en stop motion

Pictograma ARASAAC Reunión1º Creación de grupos

Dividirédesvos en grupos pequenos.

Pictograma ARASAAC Escribir2º Elaboración da historia

Crearedes unha historia onde haxa algunha expresión en galego.

O obxectivo é introducilas na nosa comunicación. 

Pictograma ARASAAC Cambiar de mano3º Cambio a guión

Deberedes cambiar a narración anterior a un guión para a historia de stop motion.

Pictograma ARASAAC Traballar no ordenador4º Creación de animación en stop motion

Probaredes a aplicación Stop Motion Studio.

Crearedes os fotogramas para a animación.

Montaredes os fotogramas para a historia escrita.  

Pictograma ARASAAC Botón Play5º Difusión á comunidade educativa

Mostraredes á comunidade educativa (alumnado e profesorado do centro e familias) a vosa creación.

Cal é a meta do noso reto?

O reto é crear unha historia en stop motion onde se reflexione sobre o uso da lingua galega e expresións.

Icono Obxectivo

  • Reflexionar sobre o uso do galego.
  • Investigar frases feitas, expresións ou palabras en galego.
  • Escribir a historia onde se inclúan expresións en galego.
  • Montaxe e gravación da historia en stop motion e divulgación da animación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)