Uns minutos para pensar
A pesar de que o galego é a lingua propia e unha das linguas oficiais de Galicia, cada vez é menos falada polos seus cidadáns, sobre todo entre as xeracións máis novas.
Son moitos os motivos que nos levaron a esta situación actual.
Un deses motivos é que as familias deciden falarlles en castelán ás súas fillas e fillos, pensando que esta lingua abriralles máis portas ou lles dará outras oportunidades que non lles pode dar o galego. Isto leva a que, a pesar de que se estude galego nas escolas, cada vez estea menos presente nas conversas espontáneas que se dan nelas.
Outro motivo moi importante é que a maioría de cousas que vemos, lemos ou escoitamos (películas, música ou redes sociais) están en castelán. Polo que a exposición ao galego tamén se reduce nunha parte importante da nosa vida.
E como terceiro motivo, destacaremos que o galego nas cidades é cada vez menos habitual. Certo é que no rural segue moi presente, pero a poboación que vive nel, cada vez é menor.
E, nesta situación... Que podemos facer nós para que o galego teña futuro?
A pesar de que o galego é a lingua propia e unha das linguas oficiais de Galicia, cada vez é menos falada polos seus cidadáns, sobre todo entre as xeracións máis novas.
Podes descargar este esquema en PDF neste enlace.
Lectura facilitada
O galego é a lingua propia e unha das oficiais de Galicia, pero cada vez fálase menos.
Por que?
1. As familias fálanlle ás nenas e nenos en castelán.
Pensan que o castelán dá máis oportunidades que o galego.
Nas escolas tamén falan menos galego, aínda que se ensina.
2. As películas, a música e as redes sociais están en castelán.
Casi non lemos, vemos ou escoitamos cousas en galego.
3. O galego nas cidades cada vez fálase menos.
No rural si que se fala, pero nel vive menos xente.
E, que podemos facer nós para que o galego teña futuro?
