Saltar navegación

3.6. A nosa historia

Pensamos e falamos

Agora, en grupos, debedes pensar unha historia na que empreguedes expresións e frases en galego. Antes de comezar, recordade a estrutura dun texto narrativo (introdución, nó e desenlace) e as características (narrador ou narradora, tempo e espazo, personaxes e trama ou historia).

Despois teredes que representala ao resto de compañeiros e compañeiras. 

Escribimos a historia

Nesta actividade é o momento de escribir a vosa historia con expresións galegas. Recordade a importancia de empregar unha ortografía e unha puntuación correcta, así como os elementos de coherencia e cohesión. 

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Despois de todas as actividades realizadas sería interesante reflexionar e contestar algunhas preguntas no diario de aprendizaxe.

Invitámoste a que penses un pouco sobre elas. Logo, debes escribir as túas respostas:

  • Empregas no teu día a día algunha frase feita ou expresión galega?
  • Cal poderías incluír?
  • Coñeces algunha expresión en galego ou frase feita que non teña tradución a outros idiomas?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)