É unha técnica de animación que simula o movemento con multitude de fotogramas continuados.
Exemplo:
Fixen unha curta empregando a técnica de stop motion.
Antes de empezar preguntámonos
Antes de comezar co traballo sería interesante reflexionar e contestar algunhas preguntas no diario de aprendizaxe.
Invitámoste a que investigues e penses un pouco sobre elas. Logo, debes escribir as túas respostas:
Que é para ti o galego? Cres que é importante?
Como pensas que se pode aumentar o uso do galego? Ocórreseche algún exemplo?
Por que cres que é importante coñecer e empregar expresións galegas?
Consideras que o galego é falado por persoas de todas as idades?
Audio
O galego
O galego é unha lingua que se fala en Galicia. O seu idioma de orixe é o latín, igual que doutras linguas romances da península ibérica. Ao longo dos séculos foi evolucionando, tendo o seu máximo esplendor na Idade Media, onde destacou coa poesía. A partir do século XVI foi perdendo prestixio fronte ao castelán e o seu uso foi a menos.
Na actualidade, o galego é unha lingua cooficial en Galicia, xunto ao castelán. O galego viuse diminuído no uso diario, principalmente nas cidades e nas zonas máis urbanas, onde o idioma dominante é o castelán. Aínda así, é unha lingua viva.
Manter o galego vivo é esencial para garantir a preservación dunha rica herdanza cultural, promover a diversidade lingüística e fortalecer os dereitos e a igualdade social. Implica un esforzo colectivo para adaptalo aos tempos modernos, asegurando que as novas xeracións teñan as ferramentas necesarias para aprender, comunicar e expresar a súa identidade sen renunciar á súa lingua inicial. Promover o galego é, en definitiva, promover a riqueza e a pluralidade que nos define como sociedade.
Pero manter o galego vivo non é algo sinxelo. Precisa da nosa implicación!
Temos que pescudar no galego. Que palabras son nosas? Que expresións temos que non queremos perder?
Aquí vai algún vídeo sobre o noso idioma.
O galego
Falo galego
Experiencia persoal
Vivamos coma galegos!
Ser galego implica algo máis que falar un idioma...
Lectura facilitada
O galego é a lingua que se fala en Galicia, procede do latín. O seu máximo esplendor foi na Idade Media e perdeu prestixio a partir do século XVI.
Agora, o galego é unha lingua cooficial en Galicia (xunto ao castelán). O seu uso foi a menos principalmente en cidades e zonas urbanas. Pero o galego sigue sendo unha lingua viva.
Manter o galego vivo é esencial. Implica un esforzo colectivo.
Promover o galego é promover a riqueza e a pluralidade que nos define como sociedade.
Pero manter o galego vivo non é algo sinxelo. Precisa da nosa implicación!
Temos que pescudar no galego. Que palabras son nosas? Que expresións temos que non queremos perder?
Aquí vai algún vídeo sobre o noso idioma.
Audio
Tes xa algunha idea?
O galego conta cun amplo repertorio de palabras e expresións cheas de significado e con matices únicos que reflicten a súa cultura, historia e forma de entender o mundo.
Pois xa temos reto. Pescudar sobre palabras e expresións galegas para compartir coa nosa comunidade!
Recordas algunha? Facemos un stop motion para divulgalas?