É o acto de comunicación no que interveñen varios elementos: emisor, receptor, canle, mensaxe e código, nun contexto.
Exemplo:
Despois de moito tempo sen falar coa miña mellor amiga, na clase de hoxe houbo unha situación comunicativa.
Tormenta de ideas
Definición:
É unha ferramenta de traballo en grupo na que se expoñen todo tipo de ideas para despois escoller as máis axeitadas.
Exemplo:
A mestra deunos o título do tema e propuxo que fixeramos unha tormenta de ideas sobre o que íamos aprender.
Pasamos á acción
Despois deste repaso, é o momento de poñerse en acción...
Para crear o noso stop motion debemos ter en conta todos os pasos necesarios.
Antes de comezar temos que facer fincapé no seguinte:
Primeiro temos que recoñecer as linguas da nosa contorna. Centrarémonos no galego e na súa situación.
Como imos escribir unha historia con diferentes personaxes falando galego, temos que coñecer cando se dá unha situación comunicativa, cales son as súas partes, así coma os seus elementos. Identificaremos os diferentes tipos de canles.
Para escribir a nosa historia será necesario que ter en conta o uso de maiúsculas e minúsculas, a acentuación e diferencia palabras simples e compostas.
Finalmente, buscaremos esas expresións ou palabras galegas que non queremos perder.
Lectura facilitada
Despois deste repaso, é o momento de poñerse en acción...
Para crear o noso stop motion debemos ter en conta todos os pasos necesarios.
Antes de comezar temos que facer fincapé no seguinte:
1. Recoñecer as linguas da nosa contorna. O galego e a súa situación.
2. Temos que coñecer cando se dá unha situación comunicativa: partes, elementos e diferentes tipos de canles.
3. Uso de maiúsculas e minúsculas, a acentuación e diferencia palabras simples e compostas.
4. Buscar expresións ou palabras galegas que non queremos perder.
Audio
Como o imos facer?
Para crear unha historia debemos ter en conta os seguintes pasos:
Pensamos que queremos transmitir coa nosa historia. Para iso faremos unha tormenta de ideas.
Unha vez que sabemos sobre que imos escribir, debemos pensar a situación comunicativa que se vai levar a cabo.
Para escribir é preciso facelo dunha forma correcta, polo que debemos repasar a nosa ortografía.
Tamén debe ter unha estrutura adecuada, é dicir, que conte con todas as partes do texto narrativo.
Escribimos a nosa historia, incluíndo a expresión galega que queremos dar a coñecer.
Lectura facilitada
Pasos a seguir para facer a nosa historia:
Pensamos que queremos transmitir coa nosa historia.
Escollemos unha situación comunicativa.
Buscamos unha ortografía correcta.
Analizamos as partes que debe ter.
Escribimos a nosa historia, incluíndo a expresión galega que queremos dar a coñecer.